Hola comanche...as praderías ben, ¿non?Alédome... :roll:
deveria equacionar também a integração da Galiza em Portugal,
Eso é algo que xa temos discutido en foros galegos...a resposta é sempre a mesma..¿Que iamos facer nós con 10 millóns de portugueses?Ensinarlles a facer barcos non, porque xa os fan eles estupendamente, a facer coches tampouco, que xa estamos invertindo en Portugal centos de millóns, nin en acuicultura, porque xa o estamos facendo sen unírmonos, nin a montarlles parques eólicos, e se a Zara lle da igual o continente, moito máis o país...en fin habería que miralo moi ben.
Como moitas veces dixo ManuelListe...¿Qué beneficio sacamos os galegos de integrar a Portugal? Certamente, o componente sentimental conta, pero cada un debe saber canto...
O galego é equivalente ao português, faria muito mais sentido a integração da Galiza em Portugal, se tem tanto interesse na união com Portugal, não vejo como possa recusar esta proposta,
Iso é tan axeitado como dicir que o latín é equivalente ó portugués...a mín, ou moi mal me ensinaron, ou sempre pensei que ó galego, sexa persoa ou idioma, o pariron antes que ó portugués, e que ó fin ó portugués non é máis ca unha vulgarización do galego, como o galego o é do latín...cousas da cronoloxía...pero de todos modos nos ía levar moito tempo ensinar galego a 10 millóns de portugueses...
Ó fin, o primeiro rei portugués o foi porque non quería pagar impostos a León, non porque quixese ser distinto dos galegos ou porque non lle gustase o idioma que falaba naquela época...e incluso o nome de Portugal pode ser galego...(
http://www.lautreamont.net/2007/08/04/camino-de-portus-cale/)
Así que, se ben prefiro a unión dos nosos países, como o 30% dos portugueses, incluídos políticos e intelectuais, e unha porcentaxe nada rexeitable de españois, son plenamente consciente de que nos vai levar tempo... moito máis se comanche se propón que a unión se faga só cos galegos. Prefiro que se faga con toda a Iberia, incluída Andorra, a ser posible, claro...
Un saúdo...