Em primeiro lugar, lembre-se que, do meu ponto de vista, são as ideias que se debatem, e não as pessoas.
Mentira, vostede aquí ten descualificado persoas, tachándoas de vendidas á Europa, ten descualificado xornais, como antiportugueses e ten descualificado a foristas. Polo tanto non veña agora con panos quentes.
Ferrol: O problema no “defensa.org” é, do meu ponto de vista grave.
Vejo ali, uma demonstração mais que evidente do tremendo problema que os espanhóis têm com a história do seu próprio país.
E eu vexo que vostede insite en remar contracorrente se 1000 persoas lle din X e vostede insite en Y, pode vostede estar case seguro de que o que se trabuca é vostede. ¿Xa leu a Ricardo de la Cierva?¿A Arturo Pérez Reverte?¿A Hugh Thomas?¿A Menéndez Pidal? Señor, cando vostede fala de España, fala dunha España que só existe nos sonos dos que se lle da en chamar "pensamento centrífugo", escasos en número, grandes en repercusión mediática
A incapacidade de entender que a história, não fica parada,
Sen embargo, non son eu o que pon o grito no ceo cada vez que España merca ou España fai, lembrando a tapa de 1580-1640 incluso en temas tan apartados como a teoría económica actual.
e uma prova do imobilismo e do beco-sem-saída em que a Espanha acabará por entrar se não se modernizar.
Unha prova de inmobilismo é falar de mitos, como a agresividade española, da Castela opresora, das nacionalidades actuais asoballadas, e de que a Guardia Civil le este pequeno forum, cousa que raia na manía persecutoria
É de dar pena, e mete dó a fraqueza absoluta de argumentos, a aridez das ideias, o absoluto deserto seco e estéril que se espalha pela cabeça de tanta gente.
E vostede cre que é mellor que esa xente, porque os critica e tacha de ignorantes. Señor, o río discorre noutra dirección, e segue vostede remando contracorrente...
A história de Espanha, na cabeça da maioria dos espanhóis, está parada, seca, decadente, em vias de se esfumar em pó, como uma múmia ao sol do deserto.
A Historia de Portugal, na cabeça da maioría dos portugueses, está parada, decadente, em vías de se esfumar en pó, como un verme ó sol do deserto. ¿Ve?Eu tamén podo dicir as mesmas tonterías.
nos debatemos uns contra os outros sobre conceitos de história, sobre conceitos de nação e de pátria, o que, em vez de nos enfraquecer apenas nos fortalece como país, em Espanha, é o contrário.
Señor, vostedes discuten sobre o abuso de menores por parte de políticos, presentadores e destacados persoeiros, non me veña agora con dialécticas requintadas...
Os espanhóis agarram-se desesperadamente a um conceito de história medieval, re-introduzido à força de meio milhão de mortos, pelo nazismo e fascismo franquista.
Señor, hai 30 anos que morreu Franco e Salazar xa non está, pode vostede voltar ó século XXI se quere.
O concepto da Historia de España, o de hoxe, é o dunha nación moderna, aberta, liberal e democrática. Sabemos todo o bon que fixemos á Historia, da que somos unha parte importante, sabemos todo o que fomos, o que somos e como queremos selo. Aceptamos a diversidade e aceptamos os distintos puntos de vista dentro da nosa variedade. Somos ceibes de dicir e de pensar o que queiramos, e entre todos facemos a nosa Historia. Magallanes era Vasco, Cabeza de Vaca leonés e Pizarro extremeño. Asumimos as conquistas do Rei Xaime no Mediterráneo tan nosas como as de Isabel a Católica ou as de Felipe II, porque esas conquistas fixeron a España de hoxe.
Não conseguem reagir aos novos ventos da história que acabam por varrer sempre o que está antes.
Efectivamente. O Estado-Nación está morto, vivimos na Europa unida, e vostede segue a rexeitar á UE e á única idea que fai mellorar rexións ultraperiféricas como é a eurorexión Galicia-Norte de Portugal, e todo por un antediluviano concepto de soberanía.
Ou melhor, tenta desesperadamente agarrar-se a um passado inventado, tentando ocultar de si própria a verdade objectiva, e cada vez mais clara aos olhos de todos, porque tem um medo terrível que essa verdade, quando sobrevier, acabe pondo em causa a própria Espanha, que foi criada à imagem de apenas um país (Castela), com exclusão de todos os outros.
¿Que verdade?¿A súa verdade, PT?¿A verdade de ver un país próspero e con peso internacional, cada vez máis preto da Europa rica, e que á vez conserva e impulsa as diferencias como unha riqueza inmensa do país?Esa é a miña España, na que levo vivindo durante tanto tempo e da que me sento profundamente orgulloso...a outra, a que vostede me conta, non existe máis que nas mentes de radicais, con eco mediático e pouco máis...Castela, PT, non existe, Castela morreu hai centurias.
Castela é Galicia, Castela é Asturias, e tamén é o Pais Basco, Andalucía e Cataluña. Galicia tamén é Cataluña, como Andalucía é Murcia. Todo é España, xa non hai Castela, Leon, Navarra ou Aragón, morreron e Españ é a herdeira das súas glorias.
Neste e noutros forums, eu tento sempre explicar as razões que estão por detrás do que escrevo.
Vostede escribe enoooormes textos nos que case nunca xustifica cun só enlace. Inventa descaradamente unha visión do mundo que como non pode soster, simplemente a asulaga de verbas e mais verbas. Pero a cantidade nunca fai a calidade.
Não desqualifico ninguém, tenho apenas o hábito de chamar os bois pelos nomes, quando há razões para nomear os bois.
¿Non descualifica?¿Póñolle o enlace onde me dicía que o tal político portugués que apoiaba á UE non podía falar poruqe estaba corrupto pola mesma UE?¿Póñolle o enlace onde descualifica ó xornal "El Mundo" onde simplemente o tacha de "antiportugués" sen discuti-la noticia?¿Póñolle o enlace sobre o europatriota onde lle chama de todo sen querer discuti-los seus argumentos? Señor PT, xa nos imos coñecendo, non fai falla que poña a pel de ovella, aquí xa non o confundimos...
Da mesma maneira que critíco, também sou capaz de escrever que errei, ou que fui estupido, se por acaso isso acontecer.
Eso é imposible, PT, ¿equivocarse vostede? Imposible. Para equivocarse, o primeiro hai que admitir que os datos dados polo outro poden ser certos, cousa que vostede non fai, polo menos nestes temas que tanto lle gostan da Historia de España. O cal por outro lado, compráceme, porque se voistede estudia a historia de España é porque a de Portugal élle menos interesante...
Existem razões históricas para eu acusar aqueles que vendem parte do país, e que aceitam negociar com o inimigo a troco de dinheiro, porque esse tipo de comportamento já tem história. Na nossa longa história, Castela já entendeu que nunca nos destruirá pelas armas, mas sabe que nos pode corromper lentamente.
Espero que o webmaster non me chame á orde, pero isto é unha paranoia súa. Señor, un empresario vende e merca para obter beneficios. Se vende unha empresa ou se privatiza a favor dun estranxeiro non é para vender a Portugal, é para mellorar a súa vida ou para obter un rendemento.¿Acaso a ENI, que quere mercar GALP, tamén quere corromper Portugal?¿Acaso a Embraer quere corromper OGMA?¿Estará todo o mundo en contra de Portugal?¿Ou será máis ben que PT segue a remar a contracorrente?
Fraga Iribarne, é, como já disse o herdeiro DIRECTO da ALIANZA POPULAR. Partido da mais extrema extrema-direita
Alianza Popular non era un partido de extrema dereita, era un partido conservador como os hai en toda a Europa civilizada. Fraga ocupou cargos nos gobernos franquistas como os ocuparon Adolfo Suarez, impulsor da Transición española, ou o Rei de España, que foi declarado herdeiro polas cortes franquistas. Na España daqueles anos só se facía política con Franco ou se estaba no exilio.
Tanto quanto sei, nos comícios de campanha deste partido, era uso ouvir-se a celebre frase “FRANCO RESUSCITA, ESPANHA TE NECESSITA”.
1º.- Demostreo, 2º.- Entre 5 millóns de votantes, pode vostede estar seguro que hasta se oiron berros de "vivan as caenas". Eso non quere dicir nada. Cando gañou o PSOE dicían, "agora a polos fachas" e mire por onde non houbo outra guerra civil. Se a estas alturas lle teño que explica en que consiste aliberdade de expresión, vamos dados.
Eu, Ferrol, acredito que lá no fundo, nada, ABSOLUTAMENTE NADA mudou. Mudar não está no código genético de Castela, como refiro acima por causa das questões históricas.
Pois eu, que son español e vivo en España, pódolle asegurar que se equivoca de parte a parte.
A diferença entre Portugal e a Galiza, Ferrol, é que a Galiza foi “domada” e “castrada” e não fez nada.
E Castelao morreu hai medio século. Galicia nin foi domada nin castrada, porque segue tendo a súa cultura propia, a súa lingua e a súa Historia ensinadas a cotío nas escolas. Temos un goberno propio, tomamos decisións propias no noso país e somos libres de cambia-lo goberno se queremos.
Eu como português, não me deixo domar nem castrar.
Vostede verá. Eu non son unha vaca, e as ovellas non escriben en foros, polo tanto, non, non creo que se deixe castrar.
Vários portugueses, como o Sr. Rui Rio e outros promotores dessa anormalidade da EUROREGIÃO GALIZA-NORTE DE Portugal estão seduzidos por esse Castelhano. Não sei se apenas seduzidos, se definitivamente comprados.
Pero eso sí, non descualifica a ninguén...
A eurrexión é unha oportunidade para 2 das zonas máis pobres da Iberia. Xuntos xa conseguimos que a Alta Velocidade chegue a Porto por Vigo, que o desastre do Prestige permita inversións de seguridade marítima nos portos do norte de Portugal e de Galicia, que se crease un lobby automovilístico galaico-portugués en Bruxelas para velar polos nosos intereses, que se recoñecese un parque natural entre os 2 países, que se destiñasen máis medios na loita contra o lume... e vostede chámaos "comprados". Mal, PT, moi mal. Loitamos polo noso, deixenos medrar...
Tentar criar Euro-regiões quie dividam Portugal, é assassinar o Espirito Nacional dos portugueses. Para mim, no meu conceito de Nação e de Pátria, apoiar tais construcções contra-natura é ALTA TRAIÇÃO.
Non se me poña melodramático. O seu concepto de naciópn é mais antiguo que as coplas de Mané...
E como cidadão TENHO O DEVER DE FALAR E ALERTAR CONTRA ESTES ACTOS.
Ou sexa, que o mesías vainos abri-los ollos das verdades do mundo.
Você, Ferrol pode sempre fazer como o “periodico castellano” La Voz De Galicia, que aqui há uns tempos, disse que se Portugal fosse parte da Espanha, também em Portugal haveria terrorismo.
¿Ve ó que me refiro cando digo que vostede noin pode apoiar nada do que di con enlaces? Acusacións valeiras, indemostrables, descualifican ó que as dí, PT, a vostede...Enláaaaces, enláaaaces...
Ao ponto de deboche que chega a imprensa fascista e nazista de Castela.
Haaaala, outra descualificación gratuita. E van...
Pense Ferrol, você não apresentou absolutamente nenhum argumento.
Exactamente os mesmos que vostede. Pero eu nin o insultei a vostede, nin ó seu país, nin á súa prensa, nin ós seus políticos ¿Que lle parece?
Aquilo que você chama “desqualificações” só pode ser combatido com argumentos válidos.
¿E cre que vou eu a discutir con quen para convencer insulta sistemáticamente, minte descaradamente e inventa as cousas directamente? ¡Nin pensalo!
errol, na falta de argumentos pode-se sempre recorrer à tentativa de censura.
Señor, vostede violou as regras este forum, como xa lle fixen notar ó webmaster. como este non me fixo caso nas reclamacións, contéstolle neste fío. Seguirei facéndoo, e serei vehemente nas contestacións, pero me nego a insultalo como vostede insultou ó meu país, ós seus representantes políticos e a quenes os votaron. Eu todavía teño unha educación á que aterme.
Em ultima instância, pode sempre queixar-se à “Guardia Civil”, que como você sabe, inspecciona todos estes fórums diariamente, para analisar a situação.
Eso o sabe só vostede, e ninguén máis. Diríase que a súa paranoia non ten límites PT.
Mas mesmo que me cale, há de haver sempre alguém para dizer
Eso eso, se crucifican ó Mesías da Verdade Universal, terá discípulos que o sigan. Non se me faga o mártir, por favor, que non lle cadra. Omártires non insultan nin menosprezan..
cumprimentos
Pois igualmente, que o cortés non quita o valente.