Bom... Sem pretender suceder a Clausewitz , tudo isto está no seguimento do que aqui disse atrás... ou seja, a natureza, estrutura e dimensão das forças armadas (ou a 'ordem de batalha', como preferirem) decorre de varios factores, entre os quais citei (no caso vertente):
- a ZEE ou área maritima nacional (de Espanha, no caso vertente)
- a natureza da ameaça, se existente
- a politica externa
- a existencia de comunidades no exterior
- grau de dependência económica do comércio marítimo
- nivel de tráfego
- outras considerações (por exemplo, manutenção de uma indústria de construção naval....
O que eu referi foi que, strictu sensu, e considerando o primeiro factor apenas, então POrtugal deveria ter uma frota superior.... agora isto é wishfull thinking, como todos sabemos....
Pois non entendo, porque, se repasámo-la súa lista non vexo como pode xustifica-la súa idea de que Portugal debería ter unha frota superior...explícome:
- A ZEE non se vixía con buques maiores, senón con OPV´s, que perfectamente poden non estar relacionados coa Armada, como os guardacostas americanos ou a Guardia Civil en España.
- A natureza da ameaza é maior para España, como vostede recoñece...
- A política externa en España está máis suxeita que a portuguesa á materia militar, posto que temos máis xente no exterior e con maiores responsabilidades...somos o segundo país da OTAN despois de Alemaña en soldados no exterior en misións de paz.
- A existencia de comunidades españolas no exterior será, por simple estatística poboacional, maior que a portuguesa...
- O grado de dependencia económica do comercio marítimo é algo que sen datos fieis, prefiro obviar, pero que moi ben pode ser semellante, posto que coma membros da UE, os nosos mercados naturais son Europa, e ahí sempre se irá máis barato en camión que en barco...
- O nivel de tráfico marítimo que pasa por Portugal deberá ser menor que o que pasa por España. O que pasa por Portugal será case o mesmo que o que pasa por Galicia, pero España ten aínda un estreito e un mar interior, o Mediterráneo.
- O mantemento da industria naval é moito máis importante en España, sen dúbida.
Logo non vexo porqué Portugal debería ter unha maior mariña, se en calquera das medidas que vostede toma, España está senón moi por diante, si claramente aventaxando a Portugal.
Segundo a súa idea, a soa existencia dunha ZEE grande xustifica unha maior mariña...
Considere, como lle dixen antes, que a ZEE se debe vixiar cos OPV´s que poden ou non pertencer á Mariña. Deste xeito, coa súa afirmación de +ZEE = +Marinha, poderiamos chegar á conclusión de +ZEE = -Buques maiores. Desbotábamo-las fragatas e construíamos 24 NPO´s...
España ten un porta para defende-la ruta marítima coas illas Canarias, que non poden defender nin os F-18 de Canarias nin os da Península, por falta de autonomía...<ZEE = +Buques maiores...
Eses buques maiores hainos que defender...as ameazas árabes son aéreas, non submarinas, logo +Buques maiores preto de África = +AAW
Un saúdo.