Revisando a web, atopo que a memoria xogoume unha mala pasada. Osiraq bombardeuse no 81, sí, pero estaba en Irak, non en Iran.
O caso, nembargantes, sigue igual. ¿Que represalias podería tomar Iran se os israelitas lle destruisen o reactor nuclear?
Francamente, ningunha. Ningunha, porque ese ataque contaría, sen dúbida, coa aprobación dos EE.UU, e ninguén vai traballar contra os EE.UU ou os séus aliados sen exporse a represalias directas.
¿A liga árabe? Tampouco. Venden demasiado petróleo a bon prezo como para enfrontarse a ningún dos seus clientes...
¿Máis terrorismo?Ben, levamos desde o 2.001 con esa ameaza, xa estamos acostumados.
En fin, a cousa, para min, está clara. Se erra a diplomacia, pois nada, unha acción puntual contra o reactor e listo.