E informaçao certa na sua meirande parte
O assasinato do lexitimo rei da coroa de Castela don Pedro I a mans do seu irmao Enrique de Trastamara deu lugar a uma revolta no reino de Galicia a cal nao aceitaba ben o novo rei intruso; ante isto un número importante de nobres galegos chamaran por Fernando I de Portugal animandoo a coller as coroas de Galiza e Castela. O valedor disto era o nobre galego Alvar Peres de Castro, gran amigo do rei portugués Fernando I. Este nobre Alvar Peres de Castro sempre tivo o soño de unir Galiza e Portugal de novo e iste momento era adecuado.
No ano 1369 un exercito portugués co seu rei a fronte cruzou a fronteira galega e xunto co rei don Fernando ian dous importantes nobres galegos: don Alvar Peres de Castro e don Nuno Freire de Andrade, a entrada foi un paseo militar porque a maioria das cidades abriron suas portas ao rei portugués e foi aclamado como señor da Galiza; as outras terras castelhano-leonesas nao apoiaron ao rei portugués e durante alguns meses Portugal e Galiza ficaron unidos, isto esta comprobado nos documentos e nao ten dubida. O rei portugués ditou leis novas en relacáo aos dous reinos mais nao he podido ainda comprobar a sua composiçao.
O rei Fernando de Portugal acuñou moeda nas cecas da corunha e Tui (ainda quedan algumas nos museos galegos) e teño lido que coa lenda de "rei de Portugal e Galiza" mais iste ponto nao o puiden confirmar.
O certo e que o rei intruso de Castela don Enrique de Trastamara formou un exercito coa presenza das compañias mercenarias francesas de Beltran Duguesclin, e antes de chegaren os castelhanos e franceses o rei portugués embarcouse no porto da corunha para Portugal sen presentar batalha e dexando uma pequena guarniçao , o exercito franco-castelhano entrou por Galiza e esmagou a revolta en pouco tempo para depois invadir Portugal ja no marco das chamadas guerras fernandinas, ista xa e outra historia.
Carlos Durán