Dia D, hora 0700: concentración de forzas na Gran Via (fronte ao Corte Ingles). 0730 embarque nos elementos de transporte ("autocares Lucho") e saída para o inicio das operacións.
0810: Cruce da fronteira (alfándega) pola ponte de Tui-Valença.
0815: Pago da peaxe, para non levantar sospeitas, da A1
0920: Chegada a Porto. Elementos infiltrados do "Estadio da Luz" iniciaran as operacións de sabotaxe nas Antas ( picado dos balons, roubo das cordas das botas...) apoiados por unha pequena forza invasora co obxectivo de trabar as forzas "tripeiras".
0925: A forza principal, sen facer "prisioneros", cruza a ponte de Dom Luis I e dirixensen ao obxectibo primario:
as adegas de Vila Nova de Gaia0930: con enorme sacrificio, procedese ao esgotamento por consumo directo das existencias de vinho de Porto
1230: Rematada a operacion (asumimos que teremos un grande número de baixas) recollemos aos
"caidos pola patria", porque nos non abandoamos a nengum camarada, e iniciamos unha retirada estratéxica.
1300: parada na área de Sto. Tirso para "facer xixi"...
1410: "ocupación" do restaurante "O Escondidinho". No caso de topar forte resistencia, dirixirase a forza ao obxectibo secundario, o restaurante "A fonte Douro".
1830: Chegada ao Corte Inglés..."Espertamos" aos caídos pola patria e cada porco ao seu cortello...
Os cidadans do norte de Portugal, privados ddo vinho de Porto, e esfalecidos pola sede, separanse de Lisboa para unirseá Galiza...
Cumprimentos.
PS: a minha "santa" é "alfacinha", de Almirante Reis, polo que conheço bem Lisboa. Acho que naô gostaria de ir ao "Principe do Calhariz" para jamtar "paella con sangria"...
