É verdade que hai un conflicto en España pola mor dos secesionismos, ainda que muitas das vegadas simplesmente é ua mostra dun sistema de contrapesos político. Na miña opinión é pouco probabel que haxa próximamente un novo país chamado
Catalunya ou
Euskalherria, porque non lles compensa ós políticos de lá mesmo independizarse. O coste político e económico seria enorme.
O sistema actual, fixose asi cando a Transición pra acalmar certos reclamos. Os partidos nacionalistas son a
dobradiza dos castelans, xa que sen o seu apoio non poderian gobernar, e disa forma, ó ter ua forte influencia, poden reclamar a Madrid dereitos e prebendas pra o seu
desenvolvemento nacional, que non é máis que ter certa autonomia sobretodo no ámbito económico.
¿Cal sería a razon de ser do PNV, do ERC e doutros partidos independentistas após da secesión?. Non terían nenguna. Non digo que non haxa quen queira de verdade formar o seu propio país, mas isos son os menos e non teñen apenas poder. Os partidos fortes formaronse como contraposición ó españolismo e viven diso. As cuestiois de negociación e as formas son claras sempre; piden máis do aceptabel para logo chegar ó punto que querían, a cal é a maneira máis normal de negociar. O referéndum vasco (v.gr) non é sinón ua maneira de esticar a corda política e responde, ademáis, ós conflitos internos do PNV.
Acho que hoxe en dia, vivimos noutro periodo de Taifas. Na realidade é que é a clase política a que vive ben coa estratexia actual, que convirtiu ua nación mui centralizada nuna agrupación de pequenos reinos nos que únicamente se esbanxan os cartos confiscados ós cidadáns en bugigangas. Mas todo isto esta asentado sobre o esquema do réximen anterior, sen poucas variaciois reais. Sei que pode sonar disparatado, mais a miña experiencia non me diz outra cousa.
Isto é un esquema tinxido de democracia descentralizada sobre ua base de poder franquista. Cánta verdade naquelas palabras:
todo fica amarrado, e ben amarrado que dixera o ditador.
PD: Esquecín un punto. Eu sou favorabel a cos catalans e todolos que queiran podan escoller o seu futuro, mesmo eu coma asturian, mas teño a convicción de que iso non vai pasar ceo precisamente pola estructura de poder que expliquei. Xa digo, non entanto, que so é a miña opinión.
