Unha pequena corrección sobre o artigo: O que imos construir para Australia non son F-100, senón super-F100. Son buques de 7.000 toneladas, non de 6.000 como as F-100. Ó final, serán moi parecidas, pero un pouco maiores, con maior capacidade de disparo nos VLS e un hangar maior.
Os BPE sí serán semellantes ó español, pero tamén quizáis con algunhas pequenas modificacións internas para facelos xa desde o principio receptores dos F-35B, e non como o español, que é ambivalente Harrier/F-35...
E ademáis vendemos todo o pacote, fragatas e LHD´s...chegou o nadal a Galicia...
De tódolos xeitos, Navantia acaba de pegar un campanazo mundial...Xa vendemos fragatas, portaavións, LHD´s, submarinos. E mentres os franceses teñen que andar corrompendo a medio mundo para colocarlle DCN a dictaduras, nós vendemos fragatas a potencias democráticas...un gran día para Ferrol, sí señor...