Isto tudo para dizer que a Espanha esta' no mesmo patamar da Italia, se nao mesmo 'a frente. E no futuro, quem sabe se nao estara' ao nivel da Franca (exluindo vectores nucleares).
Bueno, bueno, NVF, non nos deixemos levar por este tipo de conclusións. Se estamos a falar dunha futura potencia rexional, como indica o título do fío, creo que debemos mirar hacia o futuro, non deica o pasado, que xa pasou...
É certo que as F-100 xa están hoxe en día case todas flotando, pero tamén é certo que as Horizon o farán casi de inmediato, e que Italia ten unha maior cantidade de unidades de superficie, que duplican ás españolas, tan armadas como as españolas. Vexo aquí unha avantaxe tanto por número como por capacidade para a Marina Militare... moito máis se falamos de submarinos, onde teñen 9 subs bastante modernos e nós só 6 que deben ser substituídos e que só o farán na próxima década...
No lado da Aeronaútica Militare, os 36 F-16, aínda sendo de blocks baixos, foron case totalmente reconstruídos e poden portar case todas as armas dos blocks medios e modernos, incluíndo os AMRAAM. Non son, por tanto, lixo que se poida despreciar.
Nin tampouco os Tornado... nos que a RAF ten testado os Storm Shadow e modernizado suficientemente deica sexan sustituídos polos EFA´s, igual que na Italia. Aquí, dentro dun quinquenio, teremos 100 EFA´s, que serán menos que os 120 firmados por Italia...
Tampouco hai, xa que logo, avantaxe española no campo aéreo, e nun futuro próximo, cos mesmos modelos, eles terán mais unidades...
E no campo terrestre estamos dacordo en que Italia mellora a España e o fará nos próximos anos...
E nas armas estatéxicas, o SCALP está só ó inicio do seu desenrolo e agora ten as pernas mais curtas que os tommies, pero quen sabe daquí a 5 anos onde chegará o Scalp...
Logo, ¿onde é que está esa "potencia rexional" da que falamos? Se dos 3 países grandes desta parte de Europa, Francia, Italia e España, España é o terceiro, entendo que está na posición que lle corresponde por tamaño e por economía... nin máis nin menos, onde nos toca estar.
Non hai "potencia rexional" hai un "estado natural" das cousas.
Saúdos NVF, un gusto falar con vostede.