E já agora, não tem uma ideia de quanto custou o Galicia ? Assim já se poderia ter uma ideia das suas semelhanças/diferenças com o nosso futuro NPL...
Ben, esta é unha cuestión difícil de responder, porque en realidade, ó construirse 3 unidades, o prezo varía. Se fose unha soa, os gastos de I+D irían a un só barco, como eran 3, o gasto por unidade disminúe, claro.
Penso que Portugal tiña a idea de facer algo parecido ó novo Rotterdam holandés. Se se constrúe cos holandeses, o prezo baixará. Se pola contra, aproveitando o tirón dos subs alemáns, se encarga e estes, o prezo será maior, pero se vai todo no paquete(subs+NavPol), podería baixar o prezo unitario.
E logo ven o tipo de equipos, que é o máis caro. Os Galicia, ó estaren enmarcados dentro dun grupo de combate completo coas Santa María, encomendan a súa defensa a estas, posuíndo tan só dous CIWS Meroka.
Se o NavPol non ten grupo naval, debería ter maior capacidade defensiva, polo que habería que incorporar máis armamento, logo sería máis caro.
Se pola contra, as OHP curtas quedan convintemente armadas e con capacidade defensiva de media ou lonxana distancia, o NavPol podería aforrar parte deses gastos defensivos, e invertilo en capacidade de transporte.
Se o NavPol vai estar listo para mandar un grupo naval OTAN débeselle engadir certa cantidade de electrónica ó CIC que encarece o producto.
Por iso dar un prezo dos LPD españois non quere dicir nada. Cada país ten as súas necesidades. Pero ben, falouse no seu momento de 175 millons de euros por cada barco, pero as cifras bailan segundo as fontes ou as épocas e o equipo que logo se lle foi engadindo.
Perdon polo texto tan longo. Saúdos.