A mín paréceme raro que unha xornalista se adique a escribir novas baseándose no que din os internautas nos foros...porque obviamente escolléu as opinións que máis lle conviñan para darlle o xiro noticioso que a ela lle interesaba.
Así, parece obvio que a xornalista non é moi partidaria de Barroso e seleccionóu dos foros as opinións que máis coincidían coa dela e así só ten que engadir "os internautas españois dixeron..." e quitarse da responsabilidade de dar ela esa misma opinión. así, se a criticasen, sempre podería dicir "non fun eu, foron os internautas"
O que esquecéu dicir a xornalista é que os xornáis de referencia en España teñen miles de internautas a poñer opinións, e que seguro que haberá quen apoie a Barroso e quen o critique, como é normal...
Por eso digo que non me parece moi cabal dar carta de noticia á opinión dun tipo calqueira que escribe desde casa cun nome suposto calqueira tontería.
Que parece que non saibamos como son os foros... Se mañán pola mñán sae en ElPais.com un xornalista dicindo que nos foros portugueses se pensa que España está chea de nazistas, case nin fará falta dicir en qué foro se baseou...
