ForumDefesa.com
Conflitos => Conflitos do Passado e História Militar => Tópico iniciado por: carlos duran em Outubro 19, 2010, 10:58:34 am
-
Saudos a todos
Fai 1.100 ( no ano 910) anos o rei Afonso III das Asturias dividiu o seu reino entre os seus tres fillos García, Ordoño e Fruela, ao primeiro tocoulle o novo reino de Leao, ao segundo o reino de Galiza que chegaba case ata Coimbra, e ao terceiro o vello reino de Asturias. Penso que tamen e unha data importante para os portugueses porque o Portugal medieval nasceu como parte do noso reino de Galicia formando unha mesma cultura e unha mesma lingua. Iste reino tan só durou catro anos pois a morte do rei leonés García sucedeuno Ordoño o rei de Galiza. Posteriormente volvería o reino de Galiza a ser independente con Sancho Ordoñes entre 926-929 , con Vermudo II entre 982-984, e finalmente con Garcia nos anos 1065-1073. Iste rei tivo que loitar na zona portucalense contra o conde rebelde Nuno endes na batalla de Pedroso no 1071, na miña opinión ista batalla foi o primeiro acto do nascimento de Portugal independente.
Saudos a todos