Ben, para empezar felicitar ás forzas armadas portuguesas polo belo espectáculo. Quixera, se se me permite, facer algunhas consideracións.
Unha práctica: Desde hai algúns anos, nos desfiles que se fan en España se lle poñen zapatas de goma ás cadeas dos tanques, para que non quebren o asfalto polo que desfilan co roce:
Quixera saber se algún coñece se se fai algo parecido nos desfiles portugueses, xa que a foto máis cercana é esta, pero non me parece que as leven postas:
Outra agradable: Veño de ver algunhas fotos do Batallón San Marco desfilando ó trote cos sombreiros de penachos en Italia, aquí vexo ós buzos correndo no desfile, e nós témos-la cabra da lexión a 120 pasos por minuto:
Estou pensando que se podería facer un concurso dos corpos máis extraños nos desfiles...
Saúdos.