... como ben indica Fabio G, existe a teoría do desenrolo das novas F-110 para sustituir a longo prazo (10 anos) ás nosas Santa María. deberían ser máis pequenas que as F-100, semellantes tal vez ás Nansen norueguesas, sobre 3-3,5 kT.
A continuación da serie F-100, que hai uns meses dábase como feita co obxectivo de sustituir 1 a 1 ás F-70, pero agardábase á obtención por medio das FMS americanas dos Tomahawk e á implantación dalgunhas melloras de tipo electrónico, como un sonar novo, por exemplo.
Agora, ó troca-lo goberno, fálase máis ben da actualización do PdA e as Santa María, así como o remate do LL e o avance rápido no deseño dos 4 S-80A e a definición posterior dos S-80B.
A idea xeral é sempre a mesma: Facer unha serie curta inicial e logo unha segunda tanda mellorada nos aspectos nos que a primeira quedase escasa, para logo actualizar a primeira serie coas melloras da segunda.
Pasou cos CORT das Santa María, por exemplo. Pode pasar coas F-100.
A F-102 está a facer as probas de tiro dos ESSM nos EUA e logo participará nas UNITAS-Fase Atlántico.
A F-101 creo que está en Rota e das outras dúas xa teñen cumprida referencia no enlace dado por Fabio.
Saúdos...