Que é que acontece nesses exercícios depois de o submarino "afundar" um alvo importante? Continua-se o exercício com o resto da força de superfície a dar-lhe caça, ou decide-se que o submarino "ganhou" e acaba tudo?
Normalmente se trata de proba-la unha parte da configuración ASW do grupo. É dicir, lle din ó submarino que debe acadar un branco importante do grupo, non sei, un porta, un LHD... entón todos os escoltas deben procurar que ese sub non entre, usando os elementos autorizados para o exercicio, os sonares pasivos, os activos, as sonoboias, ou o que sexa. Se o sub acada unha distancia de disparo, entón pode dicir que afunde o porta ou o LHD.
Evidentemente non se usan tódolos recursos ASW á vez, porque non se proban todos os sistemas á vez, senón de un en un para atopar erros na táctica de emprego.
Penso que todos nós sabemos que é imposible que o Barracuda atravese tódalas defensas dun grupo de ataque americano. Un grupo de batalla desa envergadura, con 4 destructores de escolta con sonares arrastrados, 2-3 submarinos nucleares, unha ducia de SeaHawk ASW, sonoboias, satélites, etc, etc, non pode ser afundido por un Daphne ou un Agosta. Tal vez sí por media ducia de Typhoons soviéticos atacando á vez desde varias direccións, pero iso ímolo deixar a Tom Clancy
Saúdos.