Un saúdo. Despois dalgún tempo adicado ós deportes minoritarios atrévome, de novo, a levarlle a contraria a PT. Como sempre, repartindo xogo:
Claro que a desvantagem é serem espanhóis. Não acredito que o fabricante não tenha desenvolvido meios para detecta-los e coloca-los fora de acção.
Esta é unha idea xa discutida. Vostede non acredita eses medios de detección, nin eu, nin o exército portugués que os mercou, nin a empresa española que os fixo, pero bueno, por dubidar que non quede...
Quanto à questão dos mísseis, a aquisição de qualquer equipamento por um exército de um país vizinho, deve ser equacionada pelas nossas forças armadas. É uma questão de lógica. Devemos estar preparados para qualquer eventualidade.
Home desconfiado, vale por 2, que dicía o refrán. Por esa regla de 3, dos primeiros que habería que desconfiar sería dos americanos de Laxes e dos franceses, e dos ingleses de Gibraltar... pero por sorte, somos todos aliados, formamos parte de alianzas comúns e xa non vivimois nos tempos dos romanos.
Así que, o mellor que podemos facer, é mirar cara onde veñen as ameazas reais e prepararnos para combatilas, porque como queiramos pelear contra todos e contra todo, non chegamos a ningures.
Isto não quer obviamente dizer que não existam dentro de Espanha extremistas que acreditam numa unificação Ibérica, baseada em mentiras históricas
Si nos poñemos así, desde logo nin falamos da Unión Europea.
Desde un punto práctico, nunha Unión Europea co eixo principal correndo cada vez máis cara ó leste da Europa, coido que unírmonos nas nosas reivindacións ante Bruxelas non nos viría nada mal, pero claro, se estamos mirando ó veciño con suspicacia e rencor, pois está claro que non facemos nada. Lémbrome daquel refrán "a unión fai a forza"
As forças armadas não estão equipadas como deveriam, mas do lado de lá da fronteira, continuam a contar com elas,
A idea que me ronda na cabeza é a da redundancia. É dicir, as nosas forzas armadas son redundantes no escenario europeo. O flanco sur da OTAN fórmano máis ou menos Turquía, Grecia, Italia e España, tendo Portugal moi pouca presencia no arco mediterráneo.
Sen embargo, no lado Atlántico, está a Gran Bretaña, Francia e de novo España máis ó sur quedando Portugal con menos capacidade de profundización oceánica. A área de responsabilidade de España e Portugal na OTAN é a mesma, polo que, ou ben optamos por especializar as nosas forzas en determionados aspectos (forza aérea, desembarcos, submariños..) ou está claro que podemos chegar a estobarnos mutuamente se non colaboramos entre os dous países e nos concienciamos de que o enimigo non é o veciño, senón o que está enfrente.
Nós nunca fizemos parte de Castela, nem fomos uma sua região.
Por suposto borramos a época feliz da Unión Ibérica entre o 1580 e 1640, un Rei, un imperio.
Acreditar ou veicular essa ideia é perigoso, porque se destina a apoiar as mentiras históricas do Estado Castelhano.
Eu máis ben diría "visión histórica" de España. Porque se vostede di A e eu digo B, calquera dos dous pode estar certo ou equivocado, ou ter unha parte de razón, pero decir que España leva 500 anos mentindo, élle moi impactante, hasta para este foro.
viajo para a Espanha regularmente, tenho lá negócios, e garanto-vos que nós vivemos melhor que eles. As coisas lá são muito mais caras, o índice de endividamento familiar já ronda lá os 98%, o desemprego é o mais alto da Europa, e estão constantemente a discutir nacionalidades, separatismos etc.
Eu tamén estou dacordo, vívese mellor nas Bahamas. Teñen menos renda, pero teñen máis sol...
O endebedamento é do 98% porque case todo o mundo ten unha casa que pagar, o paro débese a que agora tamén se apuntan ás listas de emprego persoas que antes pola mala situación non o facían, e o das nacionalidades, ben, non se equivoque, non andamos a golpes polas rúas, eso son cousas dos políticos, que sempre teñen que dar que falar...
Aínda que, por suposto, comprendo as súa impresión negativa. É algo habitual para a xente de fora. É como o caso da comida inglesa, que a nós non nos sabe a nada e a eles lles encanta. Cuestión de acostumarse, supoño...
Os seus comentários depreciativos e sem fundamento algum não se coadunam com a realidade nem com o espírito português
Creo que a realidade é a que cada un quere ver. Vostede ve unha, P44 ve outra, que non é nin mellor nin peor que a súa, amigo Tiger22, pero é desde logo tan respetable como a de calqueira. non se merecerá o desterro todo aquel que lle leve a contraria ¿nonsi?
O que faço é uma absolutamente clara distinção entre Espanha e Estado-Espanhol, sob a égide de Castela, porque esse, é um perigo para Portugal, enquanto não se entender com as outras nacionalidades dentro da própria Espanha-Estado.
Sob a "egide de Castela". ¿De Castela a Mancha, ou de Castela-Leon? Ou de Cantabria, "o porto de Castela", ou de Murcia, "a horta de Castela", ou...
O dito, que España non se entenda con independentistas que representan o 20% do electorado das respectivas comunidades algo normal, non se pode un entender con todo o mundo, (nin nós que somos 4 pelagatos no forum nos entendemos...), pero de ahí a deducir que a discusión democrática entre comunidades hai unha ameaza para Portugal hai un anaco de camiño ben looooongo.
Particularmente penso que vostede quedou atrancado nalgún punto da época da reconquista dos reinos peninsulares de Navarra, Leon, Castela, Aragón, Portugal e Al-Andalus, pero confésolle que non sei exactamente en que parte da baixa idade media. As súas referencias ó século XIV danme pistas, seguirei atento ás súas mensaxes para localizalo efectivamente na neboa do tempo.
Pero ben, para resumir, non quixera desbota-lo momento para deixar por escrito unha serie de ideas:
1º.- Como xa dixen, os Tomahawk fornecen a Portugal dun escudo de ataque moi importante. Se a esto lle unimos os Patriot PAc-2, ex-alemáns e os Taurus aéreos, podemos dicir que a Iberia estará ben defendida por un bo periodo de tempo.
2º.- Que Portugal e España deben entenderse inevitablemente, para facer forza nas organizacións internacionais, e que canto mais xuntos vaian, mellor lles ha de sair as cousas.
3º.- Que ámbolos 2 países pertencen ó selecto grupo de países libres, e que aínda que se cadra un español sexa máis libre que un portugués, pronto chegará o tempo en todos sexamos capaces de vernos como o que somos, bos veciños con intereses comúns e ningunha disputa que non se poida discutir falando.
E nada máis, que Viva o Portugal , que viva a España e que xuntos somos mellores.