O que está em causa é a nossa (de Portugal) capacidade negocial, e capacidade para demonstrar que podemos, se necessário, ter a nosso cargo a defesa das nossas aguas territoriais e águas contiguas.
1º.-¿Quen na OTAN, na ONU ou na UE dubida da capacidade de Portugal para ter ó seu cargo á sua ZEE?¿Existen documentos oficiais desa dúbida?
2º.-¿Desde cando se mide a capacidade negocial de Portugal en termos de ter 2 OHP curtas ou non?
Essa demonstração de que somos efectivamente capazes de controlar as águas, contra vários tipos de eventuais ameaças, (não só traficantes e contrabandistas) é a única razão que (do meu ponto de vista) aconselharia o equipamento dos NPO's com mais que um canhão de 40mm.
Perfecto. Asumo entón, que, debido ó maior custo dos NPO´s mellor armados, vostede renuncia a ter 10 para ter 4 ou 5, ¿verdade?
Ademáis, asume vostede a perda da modularidade dos NPO´s, xa que o armamento pesado se se monta, non se pode desmontar e implica trocos de diseño para aguantar un reparto de pesos distinto, as vibracións dos disparos, os almacéns de misís, os radares de tiro, etc, etc...
Ou seja, navios que, mantêm alguma capacidade militar e podem ser utilizados contra navios armados ou semi-armados,
Curioso eso de semi-armados. Coidado non lle semi-disparen, hehe.
Os NPO´s, por teren o tamaño que teñen, non poden ser armados para actuar nunha zona de conflicto, porque o séu é un deseño civil e non teñen espacio para colocarlles os elementos necesarios para actuar nese entorno, como misís de defensa, sonares, etc... Un buque dese tamaño nun entorno hostil é un pato de feira, así sexan portugueses, españois ou americanos
Todos os principais armamentos e sensores das fragatas Perry espanholas, são idênticos aos das americanas: Canhões, misseis, radares de pesquisa aérea e sonar, são iguais.
Perdon, o equipamento das Santa María é distinto das perry curtas que chegarán a Portugal:
- A suite de guerra electrónica é italiano, un nettunel, non americano, por exemplo.
- O radar utilizado é o SPS-49(V)5, non o (V)2, das curtas.
- O sonar é só de casco, non leva o TACTAS arrastrado das longas.
- O CORT implantado nas F-85 e F-86 como sistema de guía de tiro, que non teñen as OHP curtas nin moitas das longas.
- Evidentemente, como xa se dixo, a posibilidade de 2 SH-60B LAMPSIII, en vez do máis lixeiro SH-G das curtas.
Logo non son iguais.
os espanhois ficaram com o Meroka, que é tudo menos uma arma eficiente.
Outra media verdade: ¿Comparado con qué?
No máximo existe um diferencial de 5 anos entre a fragata americana (FFG-14) e a primeira espanhola (F-81). As seguintes fragatas espanholas, são mais recentes, claro, mas os seus sistemas principais são naturalmente os mesmos das suas irmãs anteriores, o que é natural.
A USS-Sides foi bautizada en 1.979, e a Santa María foi botada en 1.986. Máis de 5 anos, sen dúbida.
Naturalmente, os sensores da F-85 e F-86, botadas case dez anos despois da F-81, son máis modernos, igual que os equipos das OHP americanas foron variando ó longo da década anos que durou a creación da serie, como é natural.
Mas isto já está um bocado fora da questão do tópico que diz respeito ao Orçamento de Estado
Pois está, pero como non se tomou a pastilla do día, foiselle a cabeza e empezou a falar de cousas que non veñen ó caso.
Por isso a razão e a prudencia aconselha a que a marinha portuguesa seja constituida maioritariamente por subs,
Creo que non ten nada que ver unha cousa coa outra:
Un submarino pretende negar o uso do mar ó invasor, unha fragata pode negar tanto o uso do mar como o aire.
Creo que debemos concentrarnos no que vai ter Portugal, que é, mais ou menos, o que pode pagar e manter. Evidentemente, a todos nos gustaría ter 6 subs, mellor 10, e 5 ticonderogas, mellor 8, pero o que se terá serán 2 bos SSK (Submarine-Submarine Killer), é dicir dous submarinos básicamente de espreita, e 2 OHP ASW, que é para o que estaban deseñados nos anos 70-80 os buques da OTAN, e un LPD.
Se deseñamos unha mariña básicamente con subs, aceptamos que o inimigo domine polo aire as nosas costas, e non garantimos poder afundilos, xa que con só 2 SSK e cunha ZEE tan grande, é imposible abranguer suficientemente toda ela.
Así, estes subs, en tempos de paz, seguramente se adicarán a vixia-las zoas de paso de buques, pero en tempos de guerra, o máis seguro é que se adiquen a vixia-la entrada da base naval para que os barcos que entren e saian dela non sexan torpedeados polos subs do posible inimigo, neste caso, os kilos arxelinos, por exemplo.
Logo, se temos os 2 subs adicados a protexe-la entrada ó Alfeite, ¿Que faremos para non sexa atacado desde varias millas mar adentro por aire desde un porta ou similar? Pois envia-las nosas fragatas a tentar destruilo creo que sería unha boa idea.
Do mesmo xeito, sen subs, basta un kilo arxelino para barrer o Alfeite nunha noite.
É dicir, todo ten o seu uso, unha cousa non pode funcionar sen a outra. Son complementarios ante distintas ameazas.
Un saúdo johnnie, benvido ó foro (aínda que sexa con retraso pola miña parte)