Podem usar seus radares onde quiserem menos em águas e dominios terrotoriais lusitanos.Aí já a questão é com nós e temos toda a razão de achar invasão de nossa territorialidade.
¿Con qué "nós"?"Nós" non é o goberno portugués, que firmóu e participa nesta operación, "nós" non é a policía portuguesa, que tamén participa e proporciona medios navais e aéreos, "nós" non é a clase política, que non se opón a tal operación de control naval, "nós" non son os foristas deste foro, que hai bastantes que están dacordo, tal e como lemos, así que, me temo "nós", é vostede, e os de sempre tentando prender, outra vez, a chama do odio e a envexa.
Así, estamos fartos de ler fíos neste foro onde se pon de manifesto a falta de control de Portugal das súas propias augas territoriais, que a menudo son traspasadas por pescadores ilegáis, por derrames de fuel, por traficantes que desembarcan a droga nas súas costas...e cando alguén se propón solucionalo, ou tentar solucionalo, e por riba vostedes non corren con case nengún gasto, se protesta por unha suposta "cedencia de soberanía", falsa porque a policía portuguesa tamén está metida no cerne da operación.
Polo que podemos deducir que parte dos portugueses deste foro prefiren un mar portugués anárquico e sen lei antes que un controlado pola policía. O cal só pode beneficiar a delincuentes...
Pero en fin, nada que non teñamos lido a cotío neste foro... :oops: