1.100 anos do reino de Galiza

  • 0 Respostas
  • 1532 Visualizações
*

carlos duran

  • 40
  • +0/-0
1.100 anos do reino de Galiza
« em: Outubro 19, 2010, 10:58:34 am »
Saudos a todos

Fai 1.100 ( no ano 910) anos o rei Afonso III das Asturias dividiu o seu reino entre os seus tres fillos García, Ordoño e Fruela, ao primeiro tocoulle o novo reino de Leao, ao segundo o reino de Galiza que chegaba case ata Coimbra,  e ao terceiro o vello reino de Asturias. Penso que tamen e unha data importante para os portugueses porque o Portugal medieval nasceu como parte  do noso reino de Galicia formando unha mesma cultura e unha mesma lingua. Iste reino tan só durou catro anos pois a morte do rei leonés García sucedeuno Ordoño o rei de Galiza. Posteriormente volvería o reino de Galiza  a ser independente con Sancho Ordoñes entre 926-929 , con Vermudo II entre 982-984, e finalmente con Garcia nos anos 1065-1073. Iste rei tivo que loitar na zona portucalense contra o conde rebelde Nuno endes na batalla de Pedroso no 1071, na miña opinión ista batalla foi o primeiro acto do nascimento de Portugal independente.

Saudos a todos
A verdade nao ten patria