Todos os tomahawks espanhóis seja qual for a versão, estarão sempre dependentes da autorização dos Estados Unidos para a sua utilização operacional.
Evidentemente, amigo Jorge. Tódalas vendas que fan os EE.UU levan claúsulas implícitas de uso...os F-16 que mercou Portugal, ou os F-18 españois, ou Phantom alemáns só se poden usar en defensa propia, nunca para atacar, e dentro dunha serie de acordos internacionais, tipo OTAN, resolución da ONU ou similares.
O mesmo sucede cos Tomahawks, sen dúbida.
Mercar militar a EE.UU implica sempre unha cesión de soberanía.
A cuestión non é, desde o méu punto de vista, a dependencia dos EE.UU para autoriza-lo uso dos Tomahawk, senón a independencia española para a súa utilización.
A autorización de uso é automática cando se axusta ós acordos arriba indicados (defensa propia, acordos internacionais...), pero os obxectivos a bater deben coincidir coas necesidades tácticas españolas, non coas americanas. A estas alturas, para botar unha bomba fóra do noso país, hai que pedir máis permisos e autorizacións que para mercar unha casa.
Os nosos países están en tantas organizacións internacionais, que é case imposible facer algo por nós mesmos. Sempre hai que estar ó amparo de resolucións da ONU, acordos da OTAN, etc... En tódalas misións externas nas que participan os nosos países, facémolo coa autorización de entidades supranacionais... cando se usen os tommies, tamén se fará con autorización internacional, sen dúbida.
De todos xeitos, os tomahawk son, como xa dixen máis arriba, un arma política máis que militar. EE.UU os usou na guerra de Irak para destruir ministerios ou edificios institucionais, máis que bases aéreas ou radares, que batía cos B-2.
A súa utilidade é a de acercar a guerra ós que poden parala. Presidentes, reis ou dictadores varios saberían que a fronte da guerra pode chegar en calquera momento por vía aérea, e eso fai pensar moito se desafiar a un pais democrático como España, G.B ou EE.UU.
A única hipótese de conflicto que ten España, no norte de Marrocos, teóricamente un conflicto limitado se pode solucionar cos Taurus do EdA, de 350 kms de alcance, pero se se da unha escalada bélica e hai que chegar a intervir no sur do pais, en Rabat por exemplo, deberían se-los tommies os que o fagan desde, ou ben as F-100 nas augas de Canarias protexidas polos F-18 de Gando, ou ben polos S-80 desde o Mediterráneo ou o Atlántico.
Tamén existe, como non, un plan-B. Se o tema dos tommies non vai tan ben cómo se espera, a pesar da reiteración na oferta:
US reiterates Tomahawk offer to Spain
The US Department of Defense has reiterated an offer to sell Spain Tactical Tomahawk land attack cruise missiles, officials from both countries have said. Although...
29-Jul-2005
(Jane´s)
...sempre quedaría escoller a alternativa europea, o SCALP/Storm Shadow nunha futura versión naval de longo alcance para os S-80:
Un saúdo.