Sr.Tentador
Coloquei um video algures por aí,sobre o estado do ensino do galego,também penso que isto não tem nada haver com as Ilhas Selvagens,por isso postei noutro fórum.Mas pelos vistos,parece que anda desatento.aqui vai um texto bem esclarecedor.
Campaña "En galego, Galiza ten futuro"
Dezaseis organizacións de diferentes ámbitos da sociedade galega (político, sindical, estudantil, xuventil, etc.) están a desenvolver unha campaña de promoción do uso da língua galega e de reivindicación dunha nova política lingüística, máis eficaz e que modifique as actuais tendéncias de regresión no uso social do galego.
En rolda de prensa, Concha Costas, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Manuel Mera, presidente da Confederación Intersindical Galega (CIG), acompañados de Ramiro Oubiña da Executiva Confederal da CIG, deron conta do porqué desta campaña e da convocatória para o dia 16 de maio dunha manifestación en Santiago de Compostela.
En primeiro lugar, ambos os intervenientes avaliaron brevemente a actual situación lingüística, 15 anos despois de promulgada a Lei de Normalización Lingüística de Galiza, incidindo, evitando todo dramatismo, na realidade dun retroceso no uso social do galego, singularmente nas xeracións máis novas. Asi mesmo, constataron a sua preocupación polo escaso impulso que o galego está a ter por parte da administración (e en concreto, por parte do partido no goberno, o PP) nos diferentes ámbitos da sociedade (administración, mundo socioeconómico, ensino, medios de comunicación, mundo xudicial, novas tecnoloxías...).
Logo informaron dos contidos da campaña e do "Manifesto polo futuro da língua galega", o cal está a ser distribuído por todo o país, campaña que terá o seu cume nunha manifestación para o sábado 16 de maio ás 12 horas en Compostela. Asi mesmo, informaron da recollida de pronunciamentos, en favor da extensión do uso do galego, que se están a producir en plenos de concellos, claustros de colexios e institutos e comitÈs de empresa de toda Galiza.
Finalmente, demandaron unha viraxe na actual polÌtica lingüística do goberno do PP, para que este asuma de vez a promoción real do uso do noso idioma en todos os ámbitos da sociedade, e animaron a participar a toda a sociedade galega desta convocatoria.
--------------------------------------------------------------------------------
A Mesa pola Normalización Lingüística, Asemblea Nacional de Obxección de Consciéncia, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Bloque Nacionalista Galego, Comités de Solidariedade, Comités Abertos de Estudantes, Comités Abertos de Faculdade, Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística, Confederación Intersindical Galega, Frente Popular Galega, Galiza Nova, Movimento Estudantil Universitário, Nova Escola Galega, Plataforma por unha Universidade Normalizada, Sindicato Labrego Galego
MANIFESTO polo FUTURO da LÍNGUA GALEGA
Cando xa van transcorridos 15 anos desde a aprobación e posterior promulgación, en xuño de 1983, da Lei de Normalización Linguüística de Galiza, que declaraba o galego como língua própria do noso país e que dispuña a sua oficialidade, constatamos con enorme preocupación que o uso social do noso idioma está a sofrer un retroceso, singularmente na xente máis nova, que é o garante do porvir da língua galega. De feito, nestes 15 anos a LNL case nen tivo o desenvolvimento regulamentário que caberia agardar (que foi nulo, se exceptuamos o caso do decreto no ensino e a lei de uso do galego nas entidades locais) nen contou coa vontade institucional para ser cumprida na sua extensión.
Por outra banda, por primeira vez, o galego conta con estudos amplos e obxectivos que dan conta da vitalidade do noso idioma. Estes estudos concretan-se no Mapa Sociolingüístico de Galiza, realizado polo Seminário de Sociolingüística da Real Académia Galega e no que se descrebe o estado actual da língua galega, tanto no que atinxe á língua inicial e competéncia lingüística das cidadás e cidadáns galegos, como nos usos lingüísticos e nas atitudes que manteñen a respeito da língua galega. As conclusións máis xerais que se poden tirar deste estudo poden-se resumir nunha certa vitalidade do noso idioma (máis de dous terzos dos galegos empregan maioritária e preferentemente a língua própria), que contrasta cunha máis que preocupante tendéncia desgaleguizadora nas xeracións máis novas, curiosamente as primeiras que teñen contacto co galego no ensino desde os nÌveis primários. Asi mesmo, tamén se constata a existéncia dunha atitude moi favorábel á potenciación do galego por parte da sociedade galega, atitude que non está a ser correspondida polos responsábeis directos de tal potenciamento: a Xunta de Galiza e o governo do Partido Popular.
A desídia institucional, que se concreta na falta dun modelo de normalización lingïística para Galiza, está a definir a polÌtica lingüística do PP, abeirada nunha suposta formulación filosófica sen desenvolvimento teórico, o "bilingüismo harmónico". Esta desídia está a producir un impasse no proceso normalizador que necesariamente ten que acometer a administración galega e a sociedade no seu conxunto.
Preocupa-nos, como parte activa da sociedade galega, o estancamento e mesmo o retroceso que vimos observando na utilización do galego nas diferentes administracións de Galiza, especialmente na administración autonómica, que debera ser modélica en canto ao emprego normal da nosa língua e na defensa dos direitos lingüísticos da cidadania galega.
Preocupa-nos a escasa presenza do galego no eido socioeconómico e a falta de medidas governamentais que garantan esta presenza da lÌngua própria nun eido que nos afecta a todos os cidadáns e cidadás e que é fundamental en calquer proceso normalizador.
Preocupa-nos que nos meios de comunicación a língua galega estea a ocupar un lugar cada vez máis marxinal, que se agrava co pouco respeito pola língua e pola sua normalización que se apreza na rádio e mais na televisión públicas de Galiza. Preocupa-nos a escasÌsima presenza que o galego está a ter nas novas tecnoloxias, en especial nas relacionadas co mundo da informática e a cibernética, e a caréncia total de iniciativas que o governo manifesta.
Preocupa-nos que o ensino en Galiza non sexa un ámbito galeguizador que incorpore á língua própria ás xeracións máis novas, as que máis están a padecer a perda de usos do noso idioma.
Preocupa-nos que no mundo xudicial apenas se dean avanzos a prol do uso normal do galego, nun ámbito fundamental e no que a nosa lÌngua cumpre un triste papel subsidiário.
Preocupa-nos que os nomes dos nosos lugares se vexan deturpados unha e outra vez, mália a própria Lei de Normalización Lingïística, que dispón que a nosa toponímia teña como única forma oficial a galega.
Preocupa-nos, ademais, a falta de planificación que o actual governo do PP mantén respeito da língua galega, alleo ás demandas sociais dunha política lingüística firme e audaz que free o retroceso social do galego e gañe novos espazos para a língua.
Preocupa-nos, en definitiva, o futuro do galego.
De aí que demandemos un cámbio de rumo na política lingüística do governo do PP, unha mudanza que modifique e subverta a actual tendéncia desgaleguizadora e planifique a plena normalización dos usos sociais do idioma galego.
--------------------------------------------------------------------------------
MANIFESTACIÓN sábado 16 de maio ás 12 horas na Alameda de Santiago
Volver
Abraços,