Vexamos... parece que esquecemos certos "pequenos" detalles técnicos:
Artículo 3 da Constitución Española:
"1. El castellano es de lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.
2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.
3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección."
Decreto de Normalización Lingüística:
"Artigo 6.- Educación Infantil.
Na etapa de educación infantil o profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo. No caso de contornos castelanfalantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza, será como mínimo igual á da lingua castelá e fomentarase a adqusición progresiva da lectura e da escritura en galego, na perspectiva de que este se converta no idioma base da aprendizaxe de modo que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse normalmente en galego co alumnado e o profesorado.
Artigo 7.- Educación Primaria.
En toda a etapa da educación primaria garantirase que, como mínimo, o alumnado reciba o cincuenta por cento da docencia en galego, sendo de impartición obrigatoria en galego as áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía e dereitos humanos."
O "terrible" decreto establece un uso no ensino do galego do 50%, igual que o da outra lingua oficial na comunidade, algo totalmente razoable se temos en conta o punto 2 do artículo 3 da CE (si, esa mesma que alegan os de Galicia Bilíngüe para que non lles "impoñan" a lingua galega). Visto isto, pregúntome se estes "persoaxes" de GB sosteñen o mesmo dereito á inversa, e decir, si eu podo esixir que non se me imparta ensino en castelán, só e n Galego. A resposta é NON, non podo "renunciar" a recibir ensino en castelán.
Este é o típico exemplo do que tan ben definen os nosos veciños: ARROGANCIA CASTELLANA.