Certo, Rui, NH-90 para o helo medio de transporte en todas as FAs. E o Chinook para transporte pesado.
O mesmo para a Armada. As F-100 van indisolublemente unidas cos Sea Hawk, igual que tódoloss barcos con AEGIS. Pero para trnasporte de tropas, supoño que tamén se optará na Infantería de Mariña polos NH-90, e tamén para sustituir ó resto de helos con cometidos específicos, xa que existen versión navais de NH-90 tanto ASW, como ASuW e SAR/CSAR.
Así que nun futuro dunha década, case todo serán NH-90 nas nosas FAs.
Deica onde sei, os EH-101 non está previsto adquirilos, porque son competencia do NH-90, que se vai fabricar en España. Asemade, en todos os concursos presentados, saíu gañador o NH-90 sobre o EH-101, que só usan, segundo aparece en combataircraft, Canadá ademais de Italia e o Reino Unido, que son fabricantes...
Os helis que operarán no BISHO (Buque Inmenso de Salidas Humanitarias y Otras cosas)
serán habitualmente os tigres da Infantería de Mariña, os Chinook e NH-90 de transporte e supoño que ou ben SH-60B ou NH-90 de alerta temprana.
Tamén operarán os Harrier do PdA e co tempo os UCAV/UAV, ademáis dos Leos e as AAV, pero en fin, eso son outros temas.
Un saúdo.