Veño de me enterar que Chile abandoa a fabricación de barcos novos e que se vai adicar a mercar de segunda man, igual que Portugal. Pois ben, segundo indica un diario local :
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/ ... TO=2364297xa se lle ofreceron incluso T-23 (2) a 162 millons de euros as duas ou ben 2 Karel doorman e 2 Witte de With con 20 anos por 325 millons de euros as 4.
Estamos a ver que varias armadas estan a desbotar as "antigas" embarcacións (con tempo todas por diante en bo uso, porque as T23 tamén son dos 80-90) e en cantidade, debido ó uso de modelos con Aegis ou APAR.
Vemos tamén que non é unha unidade, como nas OHP, senón que son escuadras completas, porque as T-23 e as Karel Doorman van ser sustituidas TODAS en 5-8 anos, segundo vaian saíndo as novas con sistema APAR.
Penso ademáis, que se lle ofrecen 4 fragatas a Chile, ¿non terá preferencia Portugal, socio europeo, OTAN e moitísimo máis relacionado económica e políticamente con holanda que Chile?
Estamos nun intre importante, porque se Portugal accede a unha serie de estes barcos, poderiase esquencer da dependencia americana, unificaría loxísticas e mantementos, custos, tripulacións máis pequenas, etc.
Cumprimentos.