penso que este país se enquadra melhor na definição de imperialista e vítima de imperialismo, que o Liechtenstein:
¡Ah! Outro exemplo. Home, por Deus, vaiamos ó tema, que con tanto exemplo un xa non sabe si vive en Liechtenstein ou en Xibraltar. Por certo, ¿Fixouse que estes ianquis falan da "colonia" de Xibraltar e do "territorio cedido" de Olivenza?¿É o mesmo unha colonia ca un "territorio cedido"? E si é o mesmo, ¿Por qué non o chaman igual? E si non son o mesmo, ¿Por qué os compara vostede?
En fin, preguntas que supoño poderá contestar, así manterémolo interese do fío, que parece que esmorecía hasta hai ven pouco. Non hai nada como unha sana e respetuosa disputa, si señor...
E sobre o serio tema da droga, pois non me importa falar, desde logo, e aclarar calquera sombra de dúbida que poida avanzar na súa preocupada alma.
A min particularmente, que vostede se moleste en ler eses datos sobre España, amósanme a nefasta influencia española sobre os portugueses, que xa se preocupan máis de España que do propio Portugal, porque seguro que xa leu o que pon o libro da CIA sobre Portugal, ¿Non sí?
Non lle poño o enlace, seguro que sabe chegar a él.
Ben, pois lle explico o do blanqueo de diñeiro. Como sabe vostede, os bancos españois, de un tempo a esta parte, foron expandindose por iberoamérica. Casualmente, Iberoamérica é unha zona onde o tráfico de droga é abundante, polo que os bancos españois recollen parte deses beneficios fraudulentos. É cuestión de tamaño. Banco máis grande, beneficios máis grandes, incluso por parte dos ingresos do narcotráfico.
Por certo, que o país do mundo onde máis diñeiro se lava é... acertou, os EE.UU. Cuestión de tamaño, xa lle digo.
Se a iso lle unimos as tradicionais boas relacións cos nosos parentes iberoamericanos, pois xa temos un caldo de cultivo para ese tráfico. É importante detelo, pero sempre no respeto ós nosos irmáns latinos. Seguro que vostede tamén está dacordo conmigo nesto.
Desde logo lle estamos dando un bon repasiño ó mundo en xeral. Cando queira volvemos con Olivenza...
Saúdos.