Coma sempre desde hai algún tempo, o problema máis grande das mercas do Exército español é que o que merca ¡non existe!
Pasou co Leopardo, pasou coas F-100 e pasa cos Tigres.
Non se pode pretender "inventar" un helicóptero para todo. Pedíase un helicóptero de recoñecemento armado, protección cercana, cpacidade de resposta e navalizable.
Esto foi determinante para elixi-lo Tigre, xa que non hai Apaches que acaden esa cualidade, e hai que ter en conta que estes tigres servirán en grande medida na Infantería de Mariña e no novo LL que se está a planear.
Se a iso unimos que as capacidades que se lle pedían de remontada, alcance de voo, e armamento non o montan ningún dos modelos actuais, temos aínda máis problemas, concretados no redeseño das turbinas e de certos materais electrónicos, que se non fose polas presións francesas e inglesas, xa había tempo que as tiveramos nós solucionadas cos nosos propios productos.
Se a todo ese lío unimos que se propuxo a maior independencia americana posible, para apoiar á industria europea, da que CASA forma unha parte, pois xa temos o por qué non se monta o Hellfire americano, amplamente probado.
E por último entra a política, claro. Cando se trata destes desembolsos, sempre hai que negociar onde se fabricará, que porcentaxe de materiais de cada país terá, etc, etc, etc...
Por sorte non temos ningunha pelexa á vista en que utilizalos, e poderán desenrolarse os plans deica sexan os mellores da súa xeración, ou, polo menos, os máis axeitados para o exército.
As cousas de mercar novo...
Por iso ás veces, nos foros veciños, falamos de mercar de segunda mán. Escolles o que che gusta, pagas en cómodos prazos e sabes que sempre vai funcionar á primeira e te esqueces do demáis. ¿Por qué non mercar Kiowas ou Apaches, por exemplo, e non andarnos con que si o Trigat non se molla ou a cámara non ve?
Saúdos a todos...