O certo é que eu tamén estou contento polos resultados acadados. Máis de 70 medallas e a sensación de que estes sí son os verdadeiros deportistas. Xente con deficiencias, que impóndose á súa minusvalía, consigue records mundiais. Incrible.
Un dez para todos eles, incluso para os que non sacan medallas, porque si o importnte é participar, eles dannos o exemplo de que incluso nas peores circunstancias podemos sair do burato.
Coma sempre noraboa ós medallistas, noraboa ós participantes e norboa para todos aqueles que coa visión destes heroes consiguen mellora-la súa propia vida. Estou nelo.
Un saúdo.
P.D: Os próximos días 2, 3 e 4 de Nadal disputámo-la final da Copa Davis con EE.UU en Sevilla. Como se vai xogar no estadio olímpico da Cartuja, presúmese que se bata o record de asistencia a un evento tenístico. Así que haberá entradas desde apenas 15 euros. ¿Quen se apunta?