Batalha de Caia 1709

  • 2 Respostas
  • 2372 Visualizações
*

carlos duran

  • 40
  • +0/-0
Batalha de Caia 1709
« em: Agosto 04, 2010, 12:52:10 am »
Saudos a todos/as, fai tempo que non escrivia neste forum, sempre comezaba falando de historia militar y sempre remataba falando de politica, iso non me interesa, ainda asi prometin fai anos un artigo sob a batalha do Caia, xa sei que a uns poucos non va gostar, pero como en sinxelo non vou respostar (intentarei) so quero deixar lembranza dun feito de armas neste caso desfavorabel para Portugal, e para uns poucos digo que sim, tamen houbo derrotas portuguesas ainda sendo pobo valente e guerreiro, esta e unha e prometo que no proximo post falarei dunha vitoria portuguesa pouco coñecida.
Escribo na miña lingua que e o galego, ainda que realmente penso que o meu idioma e o galego-portugués con muita honra, vostedes poden pensaren como quiseren e desexaren.

No principio do seculo XVIII xurdiu un enfrontamento militar con motivo da morte do derradeiro rei dos Austrias espanhois Carlos II, a sua morte as potencias europeias quixeron acadar anacos do imperio español da época e ainda o rei portugués presentou a sua candidatura mais había pretendentes mas poderosos, o archiduque da Austria e o neto de Luis XIV da Francia. Finalmente a guerra tivo lugar e os portugueses apoiaron cedo ao bando dos ingleses, austriacos e holandeses coa promesa de receber algunhas terras e cidades do territorio da monarquia hispánica.
Invasao de portugal por Felipe de Borbón novo rei da España apoiado por castela, cerco portugués de Badajoz  fracasado ,contraataque anglo portugués holandés chegando ata o gran feito militar da conquista de Madrid polo Marqués das Minas , derrota do exercito anglo portugués pouco tempo depois na batalla de Almansa polos franco-castelans etc.
No ano 1709 a fronteira portuguesa estaba en relativa tranquilidade mais a situación xeral do frente na Catalunya e a vontade do xeral inglés Galway (xa derrotado en Almansa) motivaron que o exercito anglo portugués (uns 20.000 homes) sairan das suas bases a fins de abril de Elvas con intencions de chegaren a fronteira castelá buscando combate; na cidade de Badajoz o xeral das tropas borbónicas Marqués de Bay de orixe francesa mais afincado na españa, preparase as suas tropas, compostas so por castelans, andaluces, estremenhos e outros pobos peninsulares (non esquezamos que os aragoneses, catalans o valencians apoiaban a outro pretendente austriaco) porque os franceses que estaban no exercito da extremadura foran chamados para o frente da catalunya, e ficaron neste exercito de extremadura  uns 16.000 homes con boa cavalaria con o fin de presentar batalla aos inimigos. Os xefes do exercito anglo portugués Galway e o marqués de Fronteira (D. Fernando Mascarenhas) ordearon acampar o seu exercito nas ribeiras do río Caia que fazia de fronteira entre ambos reinos e intentaron poñer se de acordo o que tiñan que faceren o o plano militar, mais cando estaban dubidosos chegaron as tropas castelás de Badajoz e fixeron inevitabel a batalla.
Os castelans adiantaronse coa cavalaria e o día 7 de maio os anglo portugueses pasaron as nove pontes que tiñan levantadas o puxeronse en orde de batalla arrente da orilla do río Caia.
Fixeran o mesmo os castelans con os seus xefes: Marques de Bay, Baltasar Moscoso, a ala esquerda e o marqués de Aytona, a dereita, os portugueses e ingleses tiñan a esquerda o condes de san joao, e en segunda liña a Galway con 3000 ingleses veteranos. O marqués de Bay tendo medo de que non habendo chegado ainda  ao lugar do combate a sua infantería poiderano pechar os inimigos coa sua esquerda asi que mandou atacar a cavalaria do marqués de Aytona que aos primeiros encontros fixo fuxir a cavalaria portuguesa que desordenou o segundo frente do conde de san joao, que ainda conseguiu refacer o frente coa axuda de Galway, mais os seus esforzos foron inuteis e foron arrollados pola cabalaria castelá e o conde de san joao ficou prisioneiro e Galway ferido, continuaron resistindo tres reximentos ingleses mais o estando preto de chegar a infanteria castelá tiveron que rendirse os xerais Pearce e Barrymore do reximento Somerset light infantry que se achaban recollidos nunha casa de campo;
Na ala esquerda Moscoso venceu a primeira liña dos angloportugueses e despois a segunda, finalmente o centro angloportugués vendose sen apoio da sua cavalaria xa fuxida, escapou rapidamente deixando no campo toda a sua bagagem e artillaria , cruzou as pontes sobre o caia sen destruilas , de modo que a maior parte da batalla foi una espectacular persecución ata os mesmos muros de campomaior onde chegaban miles de homes derrotados.
As perdas dos angloportugueses foran segundo fontes castelás:1700 mortos e mais de 1400 prisioneiros, as perdas castelás foran sobre 200 mortos e feridos.
Na corte de castela celebrouse o triunfo mais criticaron o marqués de Bay por haber atacado moi cedo e non esperar a infantaria non pudendo asi conseguir unha derrota ainda mais esmagadora.
En Portugal e Inglaterra lamentouse a derrota e os portugueses culparon a Galway e os ingleses a cavalaria portuguesa decindo que a sua rápida fuga foi o motivo do desastre.

E dificil de atopar nas historias portuguesas unha mención a ista batalla sendo tan importante, na mesma espanha e pouco coñecida.

QUEN QUERA A VERSION PORTUGUESA DA BATALLA PODE CONSULTAR A DAMIAO PERES NA SUA HISTORIA DE PORTUGAL PAXINA 165 OU AO HISTORIADOR GAMA PALLARES

SE ALGUNHA PERSOA TEN INFORMACION DISTA BATALLA OU DATOS DIFERENTES SON BENVIDOS, NON QUERO POLITICA SO HISTORIA, A VECES SE GAÑA OUTRAS SE PERDE


SAUDOS A TODOS, VIVA PORTUGAL E VIVAN OS POBOS E NAÇOES QUE FORMAN A ESPAÑA
A verdade nao ten patria
 

*

Cabeça de Martelo

  • Investigador
  • *****
  • 20285
  • Recebeu: 3002 vez(es)
  • Enviou: 2251 vez(es)
  • +1351/-3467
Re: Batalha de Caia 1709
« Responder #1 em: Agosto 04, 2010, 02:43:31 pm »
:?:
7. Todos os animais são iguais mas alguns são mais iguais que os outros.

 

*

carlos duran

  • 40
  • +0/-0
Re: Batalha de Caia 1709
« Responder #2 em: Dezembro 31, 2010, 04:17:31 pm »
Hola  a todos

facia tempo que non via iste artigo que fixen fai uns meses e enton vexo un link que me deixa o Sr. Cabeça de Martelo con informazon la batalha de Caia da que eu falei. Ben este link ten unha informazon completamente errónea, en primeiro lugar o exercito era anglo portugués basicamente, e,  e tiña 18.000 homes,  estaba mandado por o Marqués de Fronteira e Lord Galway, e o exercito espanhol era exclusivamente espanhol, non habia franceses, tiñan ido a outros frentes mais perigosos na fronte de Catalunya, estaba mandado por o Marqués de Bay, xeneral nascido no Franco condado que  fora posesión espanhola ata poucos anos antes e constaba de 16.000 homes. O exercito que mandaba o duque de Berwick foi o hispano francés que loitou na batalha de Almansa no ano 1707 contra o exercito, este sí, angló-portugués, holandés, mandado por o xeneral portugués Marqués das Minas o cual tivo terribel derrota que foi decisiva na guerra, ainda que pouco tempo antes atinxira Madrid o que tamen fora un gran éxito portugués sen dubida.
Como dixen antes os que queran saber de fontes portuguesas sobre esta batalha poden consultaren autores  coma Gama Palhares e Damiao Peres, eles teñen informazon seria e rigurosa.
A batalha foi importante porque baixou a importancia de Portugal no conflito e impediu a intenzon de os portugueses conseguiren ganancias territoriais a costa do reino espanhol coma querían que fosen prazas coma Vigo, Tui, na Galiza, Ciudad Rodrigo, Alburquerque, Badajoz etc en Castela. etc.
Evidentemente a batalha foi unha grande vitoria do exercito de Filipe V da Espanha e o Marqués de Bay foi nomeado capitan xeral dos exercitos do rei Filipe V en recompensa da seu éxito.

Saudos
Carlos durán cao.
A verdade nao ten patria