Todas as tentativas hegemonicas de construir Europas grandiosas, falharam de forma catastrófica.
Ben, Roma triunfou durante 500 anos, España durante 200, nós estamos no principio dun novo trunfo da unión, pero esta vez, en vez de ternos que nos regular polo que diga un César ou un Felipe, regularémonos por nós mesmos, o cal garante que ninguén vai estar a disgusto...
E a Europa que se prefigura no horizonte, não é nada mais nada menos que uma tentativa de franceses e alemães de destruirem os paises europeus, a sua independência e o seu direito de escolha.
Por iso, porque se adiviña inevitable a Unión, e porque non queremos unha hexemonía franco-alemana na UE, é polo que nós, países medios e pequenos debemos acelerar esa Unión entre nós, para que o noso peso medre na UE e os franco-alemáns non fagan o que lles pete.
No novo tratado da Unión, cada decisión importante debe tomarse cun acordo de polo menos o 65% dos votos, é dicir, existe unha minoría de bloqueo do 35%. Así, se ben Francia e Alemaña teñen máis votos, a unión dos pequenos pode deter calquera decisión. España con Italia ou Polonia máis 2-3 países pequenos pode bloquear calquera decisión da UE.
Por eso é fundamental a nosa unión, a Ibérica, para que Portugal poida decidir na UE tanto como España, Polonia ou Italia. Pero debemos andar rápido, os prazos para a Unión acúrtanse e non podemos perde-lo tempo falando do século XVI cando o XXI estanos a come-lo aire.
Acredito que o fim da Europa, virá quando se tentar criar um exército unico.
Iso é irrelevante. A defensa ocupa menos do 2% do gasto medio na UE e os países xa non se preocupan destes temas, agora xa están os americanos para iso... incluso na nosa propia casa da ex-Iugoslavia.
¿Que é senón o Eurocorpo, a SIAF, as manobras conxuntas, senón o principio do fin dos exércitos nacionais e a creación dun grande exército común? É a CECCA da defensa, sen dúbida.
O principal é o deseño económico que teñen pensado Francia-Alemaña para a nova Europa: un Norte industrial, un sur vacacional para os traballadores do Norte...
Para mim nunca haverá Europa.
Europa haina desde que os gregos a pintaban nos mapas das súas colonias mediterráneas, e foise consustanciando cunha mesma relixión, uns mesmos reis pelexando contra outros reis por séculos e cun intercambio comercial milenario...
O seu nome foi distinto, Roma, Sacro-Imperio, España, República Revolucionaria francesa...
A União Europeia atentará ievitavelmente contra os Estados e acima de tudo contra as nações.
Os estados son entidades que deben ser superadas. Son conceptos decimonónicos de poder, ese poder xa non está nos Estados, está nas transnacionais e en Bruxelas, logo os Estados, carentes hoxe da súa razón de ser, a acumulación de poder, xa non teñen senso na Europa moderna.
As nacións, como conxunto de persoas con historia e costumes comúns, son máis antigas que os estados e non poden ser destruidas máis que polo esuqecemento da propia persoa do sentimento de pertenza a esa nación.
O exemplo xudeu, onde nin a ausencia de territorio lles fixo perder esa idea de nación durante milenios, paréceme esclarecedor.
Por outro lado a unificação - qualquer unificação - normalmente gera decadência.
Cando os árabes entraron en Iberia foi debido á loita de 2 reis visigodos. Durante 3 séculos, foron perdendo terreo deica que se uniron en torno primeiro a 3 reinos e logo 2 e poderon loitar contra eles.
Na idade media, os árabes chegaron ás porta de Viena, pero todos nos unimos e os fixemos retroceder.
Despois Napoleon ou Hitler tentaron forzar unha Unión. A xuntanza dos enimigos fixo que Europa non caera de novo no monopolio de poder.
A unión é útil se temos obxectivos comúns. Iberia debe ter obxectivos comúns e poñelos claros, coa voz da nosa unión, alí onde faga falla. Hoxe en Bruxelas, mañán seguramente en Pekín...
Un máis un deben dar dous, o noso futuro como nacións ibéricas vai no resultado desa suma.
Saúdos...