Hola, amigo moi:
Gracias polos seus comentarios. Aporta vostede unha visión de política sobre as FAS que non acabo de comprender e quixera que vostede ma explicara un pouco mellor. Por exemplo:
Acho sim que a armada espanhola, assim como as outras forças (aérea e exército), servem como vector de afirmação política
¿Como serve a Armada, xa que estamos no tópico da Armada, de "vector de afirmación política"?
A meu ver, as responsabilidades de Espanha no espaço europeu não são maiores que outros países.
Pois é certo. Cada país colabora voluntariamente no nas organizacións internacionais, polo que haberá países con máis e outros con menos participación.
No caso Armada, participa con 2 escoltas na Stanavforlant, xunto con EE.UU, Canadá, Holanda e Gran Bretaña.
Participa con outros 2 escoltas na Stanavformed,xunto con Estados Unidos, Alemania, Reino Unido, Grecia, Holanda, Italia e Turquía.
Participa con 2 dragaminas na MCMFORMED e 2 na MCMFORHOTH.
Tamén provee 1 LPD na Euromarfor e outro na ISAF.
Asemade, ten 2 escoltas rotatorios na operación "Endurance Freedom" no golfo pérsico.
É dicir, que ten permanente comprometido no estranxeiro 6 escoltas, 4 dragaminas e 2 LPD´s. A esto debemos sumar o grupo de 4 escoltas do PdA, as patrulleiras de altura que colaboran no tráfico marítimo e na vixiancia das amplas costas españolas, as manobras internacionais que se celebran case todos os meses... en fin, que non é un número amplo para cumplir con todas as responsabilidades da Armada. En calquera momento do ano, non hai máis de 3-4 escoltas na Península. O resto está "por esos mundos de Deus".
Sí estou dacordo en que "poderosa" pode referirse ás capacidades de cada barco, pero non ó seu número. É o normal dun exército profesional, pouca xente e material, pero os mellores posibles.
A questão de Cabo Verde é engraçada, visto NÓS é que deviamos lá andar, já que até a polícia judiciária é a nossa...
Esa cuestión é totalmente accesoria. Capturar droga é bon, o faga quen o faga e por quen sexa e onde sexa. A Armada pode facelo, logo o fai. Outro día o fará a policia judiciaria ou quen sexa, eso non é importante.
Saúdos.