Além disso, a notícia fala no pior cenário possível que é o de não serem encomendados mais nenhuns navios até depois de 2025, o que é irrealista, especialmente porque se sabe que no seguimento do estabelecimento de um consórcio único nacional para a construção de navios de guerra de superfície (o consórcio ShipCo) em Julho, e que era condição prévia para que os dois CVF fossem encomendados, o governo assumiu o compromisso de efectuar uma encomenda por ano, em média, durante os próximos 15 anos.
Nembargantes, é "vox populi" no sector que a UE está a promocionar internamente a aparición dunha especie de EADS naval, do cal o consorcio inglés que vostede indica sería a participación británica de cara a obnte-la representación axeitada no consello de administración, e non sei deica qué punto pode afectar ós plans da R.N nos próximos 15 anos que vostede indica...
Posto isto, também toda a gente concorda que uma força aos níveis actuais (25 escoltas oceânicos de 1ª linha) é impossível de manter devido ao Iraque e Afeganistão, por isso, como sempre, a virtude deve estar algures a meio.
De tódolos xeitos, pensemos que a posibilidade nin é un fiasco, nin é descabellada ou unha tolemia. Pensemos un pouco nun futuro preto...
Os submarinos se reducen, pero é lóxico posto que xa non están os inimigos tradicionais e xa non se leva a guerra naval, senon máis ben a guerra anfibia, onde os submariños teñen un papel menos importante.
Os portaavións se reducen, pero tampouco é unha grande quebra, posto que serán os CVF moito máis capaces que os actuais invencibles...
O tema dos cazaminas tampouco pode asombrar, cando moitos países se están desfacendo deles e a tecnoloxía actual, moito máis a de dentro de 20 anos permite desplazar pequenos robots submarinos para facer esa tarefa, e non necesitan buques específicos para apoialos...
En canto ó tema da flota auxiliar, que tamén se reduce, penso que se debe a que se se reduce a flota de liña, tamén queda inútil a de apoio de segunda liña.
Das fragatas, pois tendo en conta que o que hai hoxe en día son T-22 e T-23´s, pois é lóxico pensar que serán sustituídas por series moito máis modernas, logo máis caras, e que non é moi tolo pensar que poderían reduci-lo número...tampouco hoxe teñen 150 buques de liña como nos tempos das colonias e ninguén diría que a R.Navy está hoxe en crise...
Logo, en xeral, non vexo tampouco un afundemento da R.Navy, que con 2 portas e unha ducia de SSN´s aínda marcará diferencias entre as armadas de primeira liña e as de segunda...
Saúdos.