Ia gostar muito de ver as fotos, muito obrigado.
Vou logo a buscar algunhas...
Eu acho que neste forum se deve debater assuntos relacionados com a defesa, e não se deve justificar as nossas fraquezas, criticando os outros.
Coincidimos, claro. Pero verá, como seguro xa sabe, aquí somos só 2 españois participando, e temos que aguantar insulto tras insulto, sen que os moderadores interveñan. De feito, son os mesmos moderadores os que insultan, como fixo agora o PT.
Así que, vostede se preguntará, ¿Por qué non nos imos do foro? Pois precisamente porque hai xente que nos le e non participa, ou o fai pouco, e que si sempre escoitaran as mentiras dos habituais falsificadores e mentiráns, tal vez rematarían créndoas. Xa sabe, como Goebbels...
E por iso é que seguimos aquí, para que plo menos teñan outro punto de vista. Nin insultamos a Portugal, nin ós seus políticos, nin ás súas Forzas Armadas. Nós queremos ser bos españois, bos foristas e bos amigos dos nosos veciños portugueses.
não tenho problema nenhum em admitir que as FA Espanholas não devem ser motivo de chacota (isso mostra inveja) porque senão as nossas são o quê? ridiculas no mínimo. Mas sim motivo de exemplo a seguir.
Vólvese vostede a trabucar. Véxao desde este punto de vista. As FA portuguesas están para impedir que Portugal sexa invadido, e Portugal non foi invadido en 200 anos. Logo cumplen ben o seu cometido principal. O resto son cousas pequenas que seguro se irán solucionando co tempo.
E xa lle digo que non se trata de comparar con ninguén. Debería estar vostede orgulloso de ter un país sen enimigos e que pode gastar o seu diñeiro en vez de en xoguetes bélicos, en estradas ou mellores escolas.
¿Non lle parece penoso que nos EE.UU teñan medo de medio mundo?
Sobre o exemplo a seguir, é difícil de dicir. Fala se segui-lo exemplo español ou o grego, pero España ten un rival recoñecido en Marrocos e Grecia en Turquía. Os gregos, por culpa de gastar en defensa, case non rematan os Estadios olímpicos e son o país europeo que menos gasto social ten por habitante. Nin pensións, nin hospitais, nada... Síntase orgulloso do séu, pequeno, antigo, sí, pero pacífico e sen enimigos.
E entre no-los 2. Non chame envexoso a PT, que se enfada e lle lanza á cabeza un libro afilado da súa biblioteca.. :lol:
Eu por mim não tenho nada contra
Se acaso a resolución da ONU que lle quita a razón no caso da Olivenza cando a compara con Xibraltar.
Un saúdo a to2. Vou polas fotos.