Galiza- De Reino independente a simples comunidade autónoma

  • 76 Respostas
  • 28251 Visualizações
*

Roque

  • 84
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #60 em: Março 28, 2009, 10:45:33 am »
Citar
pero non me parece sosrprendente que para traballar na administración autonómica se esixa o galego


A administración autonómica paga aos bombeiros para apagar incendios, por sorte o galego e o castelán parécense o suficiente para non presentar demasiadas dificultades entre un galegofalante e un hispanofalante, así que a min dame igual se falan galego ou falan castelán, pago os meus impostos para que apaguen incendios.

Cousa ben distinta é a de un traballador da administración que faga a súa tarefa de cara ó pulico, ahí si parece lóxico pedrille o coñecemento dos dous idiomas oficiais ¿pero para un bombeiro? :shock:

¿Sénteste máis seguro agora que sabes que todos os integrantes das brigadas saben falar galego e que todos os que non o saben (incluidos brigadistas con décadas de experiencia) están fóra?¿Consideras que os teus impostos están agora mellor invertidos que antes?

O único que lle pido a administración é que contrate a aquelas personas coas cualidades máis adecuadas para o traballo que se lle pide, ata onde eu sei o saber idiomas pouco influe na capacidade de apagar incendios, se se demostra que os que saben galego apagan mellor os incendios que os que non o saben entón estarei a favor de esta medida, mentres tanto paréceme que é un insulto aos contribuintes e a aquelas persoas que perden o seu traballo.

Saudos
 

*

Hoomer Simpson

  • 36
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #61 em: Março 29, 2009, 08:04:27 pm »
Só unha pregunta... ¿Para ser bombeiro en Galiza o ÚNICO requisito é falar galego ou ademais de ser bombeiro hai que coñecer a lingua galega? ollo que non é o mismo... e nos estás vendendo que o que fala galego pode ser bombeiro, médico ou rexistrador da propiedade independetemente da súa capacidade profesional... E ti sabes que eso está moi lonxe da realidade.
Un saúdo
(sempre podes optar a conductor da "feijooneta")
"Two beer or not two beer...That's the question¡"
 

*

Hoomer Simpson

  • 36
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #62 em: Março 29, 2009, 08:16:56 pm »
Os nenos de 0 a 5 anos non teñen o desenrolo intelectual suficiente para ser adoctrinados (eso require un proceso de interiorización que está moi lonxe das súas capacidades) basícamente son "adestrados", desenrolan capacidades motrices que lles permitirán nun futura realizar tarefas  mais precisas e complexas...
As galescolas non forman parte do ENSINO OBRIGATORIO así que o que vai é porque quere... en canto ás hispanoescolas, poida que ti nas recordes...pero existiron, empregandose incluso a violencia física cos que falaban galego. Eso si, os "mestres-monitores-adoctrinadores" (ingresaban os nenos a partir dos 6 anos en adiante) non vestian cos cores da bandeira española, senon unha mais discreta camisa azul con garabata negra.
Ah, por certo, cando te refiras ao idioma oficial do estado o nome correcto é castellano, non español... Lembra que o galego, o catalán e o euskera tamén son español por que son falados por comunidades españolas.
Un saúdo
"Two beer or not two beer...That's the question¡"
 

*

Roque

  • 84
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #63 em: Março 29, 2009, 09:22:08 pm »
Citar
Para ser bombeiro en Galiza o ÚNICO requisito é falar galego ?
Só faltaba iso...

Citar
Os nenos de 0 a 5 anos non teñen o desenrolo intelectual suficiente para ser adoctrinados
Precisamente canto máis desenrrolo intelectual máis difícil é adoctrinar a unha persoa ¿ou é máis facil adoctrinar a un catedrático de 60 anos que a un neno de dez?.

O feito de non ter as súas capacidades plenamente desenrroladas impide aos nenos distinguir o que é verdade do que é mentira, polo que tomarán como certo aquelo que lles din as figuras de autoridade

Por exemplo, todos creíamos con fe cega na existencia dos reis magos inda que carecera de toda lóxica simplemente porque dende pequenos nos dixeron que existían. Persoalmente tiña tan interiorizada a súa existencia que non deixei de creer neles ata os nove anos, cando a miña nai me contou a verdade.

 ¿A que edad aprendiches a falar? ¿Vasme negar que si un neno crece rodeado de símbolos galegos interiorizará como propios esos símbolos antes que o hispanos?


Citar
As galescolas non forman parte do ENSINO OBRIGATORIO
Xa, pero dase a casualidade de que os impostos cos que se construen si son de PAGO OBRIGATORIO.

Citar
así que o que vai é porque quere
Xa, existen centos de alternativas, como en Galicia sobran as garderías públicas (a parte das galescolas) e todas as nais teñen tempo de coidar aos seus fillos... :roll:

Citar
poida que ti nas recordes...pero existiron
Nin o recordo nin o vivín, pero alégrame ver o ben que conxugas os tempos verbais, "existiron" prt perfecto, acción remada.

Citar
Ah, por certo, cando te refiras ao idioma oficial do estado o nome correcto é castellano, non español...

español, la.
1. adj. Natural de España. U. t. c. s.

2. adj. Perteneciente o relativo a este país de Europa.

3. m. Lengua común de España y de muchas naciones de América, hablada también como propia en otras partes del mundo.

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsult ... &LEMA=español

Cousas da polisemia...

Citar
Lembra que o galego, o catalán e o euskera tamén son español por que son falados por comunidades españolas.

Son idiomas españois non son "español", de todas formas, seguindo o teu razoamento, non digas catalán xa que o aranés tamén é un idioma catalán.

Saúdos
 

*

Hoomer Simpson

  • 36
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #64 em: Março 30, 2009, 09:08:33 am »
Está moi ben que consultes o diccionario da RAE... Pero lémbroche o que di a Constitución (esa que tanta vehemencia defende o PP):
Artículo 3 da Constitución Española:
"1. El castellano es de lengua española oficial del Estado..."
Un saúdo
"Two beer or not two beer...That's the question¡"
 

*

Hoomer Simpson

  • 36
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #65 em: Março 30, 2009, 09:16:46 am »
Ti mesmo o dis...deixaches de crer nos Reis Magos cando cho contou a tua nai aos 9 anos ¿que pasou?¿non estabas ben "adoctrinado"? e si a tua nai non cho dixera con toda seguridade deixarías de creer por ti mesmo.
Lémbroche que tamén son de PAGO OBRIGATORIO os impostos cos que se subvenciona o ensino privado. Resulta que cos meus impostos estase a pagar aos maristas ou jesuitas, onde acuden unha élite, mentres os centros públicos están valeiros. Por qué os habitantes de Salceda ou Coristanco teñen que pagar o ensino privado dos "señoritos" da Coruña ou Pontevedra mentres os seus fillos van a un colexio público?
Un saúdo
"Two beer or not two beer...That's the question¡"
 

*

Roque

  • 84
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #66 em: Março 30, 2009, 05:32:14 pm »
Citar
Por qué os habitantes de Salceda ou Coristanco teñen que pagar o ensino privado dos "señoritos" da Coruña ou Pontevedra mentres os seus fillos van a un colexio público?
É un robo, de feito o 15% ou 20% dos impostos que pagamos son un robo, pero non sei que ten que ver eso co debate, mal por uns e mal por outros.
De  todas formas que se subvencionen non os converte en centros públicos, podo pedir que se deixen de subvencionar, pero non teño dereito a pedir que cambien o seu método de ensino ou a súa desaparición, no caso das galescolas, como copropietario, si.

Citar
3 da Constitución Española:
"1. El castellano es de lengua española oficial del Estado..."
´
Non digo que sexa mentira, limiteime a utilizar un sinónimo do termo  "castellano".

Saúdos
 

*

Hoomer Simpson

  • 36
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #67 em: Março 31, 2009, 09:25:04 am »
É millor deixalo porque estamos en posicións diferentes... de todos os xeitos e a modo de reflexión... Eu fun "adoctrinado" nunha "castellanoescueladeisabelyfernado" e xa ves o resultado, pola contra ti nunca as pisaches e mira onde estás, así que podes estar tranquilo no que respecta ao "adoctrinamento" das galescolas. O que si é un feito incuestionabel é que os nenos/as que entran na escola falando galego saen falando castelán mentres que o caso contrario permanece absolutamente inédito.
Un saúdo.
"Two beer or not two beer...That's the question¡"
 

*

Hoomer Simpson

  • 36
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #68 em: Março 31, 2009, 09:37:07 am »
Despois de reler o post decateime dunha expresión que pode inducir a malas interpretacións: "...pola contra ti nunca as pisaches e mira onde estás...". Obviamente non me refiro ao teu posicionamento político (tan respetable coma o meu) se non o teu posicionamento lingüístico.
Un saúdo
"Two beer or not two beer...That's the question¡"
 

*

Roque

  • 84
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #69 em: Março 31, 2009, 04:36:42 pm »
Citar
É millor deixalo porque estamos en posicións diferentes...

Dacordo, témome que poderíamos tirar 3 anos escribindo sen chegar a un acordo, así que será  mellor ir parando.

Un saúdo
 

*

comanche

  • Investigador
  • *****
  • 1779
  • Recebeu: 1 vez(es)
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #70 em: Abril 08, 2009, 10:56:18 pm »
Segundo um video que circula no Youtube


Parece que Hitler ainda está vivo e já aderiu ao movimento espanholista castelhanista, as Galescolas são para já o seu primeiro alvo.

http://www.youtube.com/watch?v=_0SYAGvQlXA
 

*

comanche

  • Investigador
  • *****
  • 1779
  • Recebeu: 1 vez(es)
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #71 em: Maio 06, 2009, 11:56:36 pm »
TRABALLO.- Tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela denuncian acoso laboral por defender o uso do galego

06/05/2009
Os seus superiores mesmo lles prohibiron expresamente empregar o seu idioma nunha vila na que máis do 90 por cento da poboación é galegofalante

Os tres sufriron consecuencias para a súa propia saúde e dous deles están de baixa

Citar
“Acosados, discriminados e excluídos”. Así é como se senten Brais Fernández Prieto, Carmen Ferreiro Seoane e Manuela Arias Estévez, os tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela que esta tarde compareceron ante os medios de comunicación para denunciaren a situación de acoso laboral á que se ven sometidos por parte dos seus superiores desde que hai cinco meses e medio lles solicitaron que se cumprise a lexislación en materia lingüística. Estas tres persoas, tal e como explicaron aos medios de comunicación, están collendo baixas “que os nosos médicos non dubidan en informar como transtornos de ansiedade provocados pola situación de acoso laboral”.

“Todo isto comezou por non nos deixaren escribir nada en galego en Burela, onde máis do 90 % da poboación fai a súa vida neste idioma, onde unha porcentaxe altísima dos administrados e administradas se dirixe á Administración da Capitanía Marítima en galego, e onde o 0 % dos expedientes se tramita na nosa lingua”, explicou Brais Fernández.

A discriminación comezou a ser máis visíbel, segundo os traballadores, no momento en que estes se dirixiron ao capitán marítimo en Burela, Rafael Casanueva Alonso, para lle demandaren o cumprimento da lexislación estatal, autonómica e europea en canto ao uso da lingua na Administración Xeral do Estado, e que se marcasen unhas directrices para evitar o conflito que el mesmo estaba xerando.

Aos traballadores, tal e como relataron esta tarde en Burela, prohibíuselles explicitamente realizaren documentos en galego e da Capitanía retirouse o único impreso que existía na nosa lingua. “Tamén nos puxeron mil problemas para podermos presentar unha solicitude de días de vacacións ou de asuntos médicos, ou do que for polo único feito de estar en galego”, asegurou Brais Fernández Prieto, un dos afectados.

“Ante a absoluta negativa do capitán marítimo, mesmo a facer unha consulta a organismos superiores, dixémoslle que nos viamos obrigados a comunicarnos nós directamente con instancias superiores para que non nos pisase os nosos dereitos como galegos e como traballadores da Administración”, relatou Fernández Prieto.

O traballador da Capitanía Marítima de Burela explicou que enviaron escritos á Oficina das Linguas Oficiais (dependente do Ministerio de Administracións Públicas) e á Subdelegación do Goberno en Lugo, onde denunciaban o uso de toponimia deturpada ou o incumprimento da norma xurídica (Real Decreto 1465/1999) que fala da imaxe institucional da administración periférica do Estado, segundo a cal os impresos de solicitude que están a disposición do público deben estar nas linguas cooficiais de Galiza e as cabeceiras dos documentos que se impriman deben estar tamén nas dúas linguas, entre outros aspectos.

A partir dese momento, e tal e como relataron os tres traballadores, “o capitán marítimo, coa total complicidade do coordinador de Seguridade Marítima, José Ángel Iglesias, toma unha serie de medidas que son máis que sospeitosas”. Segundo informou Brais Fernández, “as miñas dúas compañeiras foron cambiadas de posto sen recibiren nin instrucións de traballo nin ordes de aprendizaxe para as súas novas funcións, e a min marcáronseme unhas pautas de actuación (como inspector de seguridade marítima) distintas ás dos meus compañeiros”. “Restrínxeseme o acceso á información, dificúltanseme as comunicacións con armadores e estaleiros, limítase a miña capacidade de traballar, e en definitiva, entorpéceseme o traballo”, engadiu.

Segundo os traballadores afectados, “estas accións, totalmente desmedidas van acompañadas de más caras, berros, faltas de respecto, falta ou exceso de carga de traballo etcétera”. Para Brais Fernández, detrás deste comportamento ocúltase “o pánico a que denunciemos ante instancias superiores máis cousas”, en relación con outras supostas más praxes que tamén deu a coñecer publicamente na conferencia de imprensa.

Os tres traballadores puxeron os feitos en coñecemento do subdirector xeral de Coordinación e Xestión Administrativa, Emilio Arribas Peces, encargado de persoal na Dirección Xeral da Mariña Mercante, “para tratarmos de buscar unha solución e que a situación de acoso rematase dunha vez”. Tamén o puxeron en coñecemento do subdirector xeral adxunto de Coordinación e Xestión Administrativa, José Piñero, así como do subdelegado do Goberno en Lugo e do representante da Oficina das Linguas Oficiais, Ignacio Casas Santero, sen que até o de agora o problema fose solucionado. Segundo relatan os afectados “cinco meses e medio despois de que todo isto comezase, a nosa situación de acoso laboral chegou ao límite do que se pode soportar”. Cabe sinalar que, nestes momentos, dúas das persoas afectadas están de baixa.

Na conferencia de imprensa realizada en Burela, ademais dos tres traballadores afectados, estiveron prestándolles o seu apoio o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón; o secretario comarcal da CIG da Mariña, Xorxe Caldeiro; e María José Novoa, delegada sindical de Comisións Obreiras, así como varios veciños da comarca.

Segundo o presidente da Mesa, “casos coma os que hoxe denunciamos, totalmente intolerábeis, demostran máis unha vez que se segue a discriminar á xente polo simple feito de usar o galego, nun sector, o da Administración do Estado, que é un dos que máis incumpren a lexislación en materia lingüística, algo do que xa teñen alertado en numerosas ocasións organismos internacionais como o propio Consello de Europa”. “É por iso que o vindeiro 17 de maio chamamos a toda a sociedade a unirse á manifestación en defensa da nosa lingua, que baixo o lema O galego, a nosa columna vertebral. O idioma que nos une! se vai celebrar en Santiago de Compostela”, explicou Callón, para quen “non podemos permitir que continúen a propagar mentiras en contra da nosa lingua mentres que cada día moitas persoas seguen a pagar un inxusto prezo por querer vivir no idioma propio de Galiza”.



http://www.amesanl.org/noticias/noticia ... TICIA=1412
 

*

MARIA JOSE

  • Membro
  • *
  • 155
  • +0/-0
(sem assunto)
« Responder #72 em: Maio 07, 2009, 11:54:43 am »
El siguiente paso es caparlos.
 

*

ZADOK

  • Membro
  • *
  • 68
  • Recebeu: 10 vez(es)
  • Enviou: 7 vez(es)
  • +4/-0
(sem assunto)
« Responder #73 em: Maio 12, 2009, 05:05:03 pm »
Que en España se intentan aniquilar las lenguas?

Comanche, la misma Constitución Española defiende estas lenguas, cómo va a intentar suprimirlas?

Ya sé que a algunos os gustaría que España fuera un estado totalitario para poder criticarnos, pero no... try again.
El futuro tiene muchos nombres: para los débiles, lo inalcanzable. Para los temerosos, lo desconocido. Para los valientes, la oportunidad.



Correções na minha escrita são siempre bem vindas.
 

*

Ataru

  • Perito
  • **
  • 414
  • Enviou: 2 vez(es)
  • +1/-1
Re: Galiza- De Reino independente a simples comunidade autónoma
« Responder #74 em: Janeiro 02, 2010, 09:46:11 pm »
Dizer apenas que a RTP1 irá transmitir uma reportagem interessante sobre o Couto Mixto, intitulada Galegos de cá e de lá.
Greater Portugal = Portugal + Olivença + Galiza and the Eonavian Region + border villages that speak galaico-portuguese dialects + Cape Verde + St. Tomé and Principe + Cabinda + Timor