Saudos a Gaia e obrigado polas suas palabras; ben e certo que o termo "frustaçao histórica" dos galegos poda ser discutibel, mais e certo que a independencia portuguesa no seculo XII deixounos podiamos dicir "fora de xogo", aillados nun recuncho do noroeste, nembargantes ata o seculo XVI Galiza viviu culturalmente preto de Portugal e politicamente con moita autonomía, o problema foi que a nosa clase dirixente, a nobreza, non miraba por Galiza e tan só miraba polos seus intereses e pasaban o tempo en guerras entre eles, nos non tivemos un Afonso Henriques, iso foi unha desgraza para nos.
Agora e certo que fomos aldraxados polos outros pobos da Espanha, facían chacota de nos porque tiñamos excedente de poboación e os galegos iban traballaren a Castela a sega dos cereais, a nosa lingua diferente ao castelan e o aillamento e pobreza da nosa terra provocaron que nos tiveran desprezo, os outros paises da monarquía con lingua propia eran ricos, catalans, valencianos e vascos.
O noso dilema hoxe e conservar a nosa cultura e lingua fronte ao asoballamento da cultura "española" e tantos anos de "educación" conseguiran afastar moitos galegos da sua cultura e lingua.
Enquanto a Colón, que e o tema do debate, temo que van pasar moitos anos sen que se saiba cal foi a sua orixe, mais non concordo cos esforzos de quitaren o mérito a coroa de Castela ao invertir cartos e barcos nunha aventura que outros reis non quixeran apoiar; a cada un o seu, Isabel de Castela tivo a inspiración de ollar mais aló, e isto a meirande parte dos historiadores europeus o recoñecen.
Unha aperta a Gaia e aos portugueses (nos os galegos os queremos moito, somos irmaos) e benvidos sempre a Galiza.