...pero, amigo tomkat, pense nas avantaxes:
Se xuntamos as 2 FAs, xa non habería que duplicar recursos e as mercas sairían mellor... quero dicir, agora Portugal vai facer un LPD, a un prezo mais alto do que podería ter sido se en vez de facer 2 para Espanha se tiveran feito 3 para Espanha e Portugal.
A economía de escala funcionaría para todos: As vellas OHP americanas serían 2-3 F-100 máis, por exemplo....
Ademáis, os portugueses poderían ter acceso a tecnoloxía moito máis moderna: Habería pilotos portugueses nos Eurofighter, nos Tigres da Infantería de Mariña ou conductores nos Leopard-2E do Exército...
Tamén estarían mellor defendidas as costas portuguesas: Os Patriot, por exemplo, non só estarían no estreito, habería que ter baterías tamén no Algarve...
Se tería acceso a tecnoloxía e participación industrial punteira por parte das empresas portuguesas, moito máis do que o faráin deica o de agora, ó formar parte dos programas conxuntos europeos, por exemplo...
En fin, que todo son vantaxes, desde o meu punto de vista... e creo que desde o punto de vista dos responsables da defensa tamén, ahí está o caso da integración dos fuzileiros nas ISAF hispano-italiana...
Un saúdo...