Amigo Rui:
Supoño que todo isto que vostede pon e non indica a fonte "una articulista español", vostede o reproduce porque está máis ou menos de acrodo con que dí, e que sen dúbida pode vostede respaldalo cos seus coñecementos, así que voulle comentar algúns detalles para que así poidamos vostede e máis eu crear unha agradable e productivo intercambio de ideas:
Esse "partido dos Açores", partido da guerra e do desrespeito pelo Direito Internacional, partido do unilateralismo, partido do grupo de ?amigos de Washington?, partido do neo-conservadorismo libertário mundial, partido dos novos cruzados foi derrotado.
O desrespeito internacional será o da lectura da resolución 1441 da ONU, onde se indican as "graves consecuencias" do incumplemento de Irak das normas impostas pola propia ONU en cuestión do seu desarme. Unha resolución interpretable, pero coa que os aliados (40 países) entramos en Irak, é dicir con aprobación internacional (máis de 60 países votaron a favor). Ou sexa, nin desrespeito, nin unilateralismo.
E por certo, descalificar a un Goberno chamándoo neo-conservador é moi infantil, xa que é unha forma de ve-lo mundo coma outra calquera, nin mellor, nin peor que o socialismo ou o liberalismo.
Os EUA e Inglaterra, sua indefectível aliada, ficaram sós no Conselho de Segurança das Nações Unidas, após verem gorados os aliciamentos que tentaram junto de países da América Central e de África.
Falso. A 1441 foi aprobada por unanimidade no Consello de Seguridade.
Não porque os 1.500 militares espanhóis representem tácticamente uma mais valia relevante para o esforço de guerra, mas exactamente pelo peso político que a presença espanhola representa.
Ben, iso é unha opinión. O "peso político" internacional de España é moi de 2ª fia, non nos esquezamos. De feito, que Polonia e Romenia nos pidan que nos quedemos (igual que EE.UU, Inglaterra...) débese, na minha opinión, ó antecedente que supón que un atentado islámico condicione a ollos externos (que non ós dos propios españois) a política internacional dun país democrático. Agora os islamistas poden crer que poñendo bombas antes de cada elección os pobos van facer o que eles pidan.
De feito xa vemos que os islamistas piden manifestacións en Italia para liberar ós seus nacionais, polo que se confirma que cren que chantaxeando á opinión pública poden derribar gobernos democráticos.
não esquecendo países de grande importância na cena mundial, como a Nicarágua, Guatemala, Burundi, Eritreia ou Tuvalu.
Países todos eles recoñecidos pola ONU como soberanos, e que o seu voto vale tanto coma o de Rusia ou os EE.UU. Cousas da democracia, que o articulista por un lado pretende defender, e por outro descalifica en párrafos coma este.
Com a reviravolta política espanhola neste domingo, de que só o PP tem culpa, pela inabilidade e evidente aproveitamento eleitoralista que quis fazer da tragédia do 11 de março em Madrid
Iso é inaceptable pola miña parte e require una explicación profunda, amigo Rui, punto por punto, onde estivo o "aproveitamento elctoralista" do PP na crise do 11-M. Estamos falando de case 200 mortos. É moi seria esa acusación, Rui Elias, moi seria.
Responsavelmente a Espanha não retirará apressadamente, mas até 30 de Junho.
Proba directa de por onde "respira" o columnista. Promesa electoral incumprida polo señor Zapatero, 12 horas despois de ser elexido polo Congreso dos Deputados presidente da Nación.
no mundo a única arma de estruição maciça verdadeiramente mortal e perigosa era a fome no 3º mundo.
Exacto. E a SIDA, a prostitución infantil, a deforestación, o cambio climático, os abusos de poder, a corrupción, os radicalismos ideolóxicos e relixiosos... En fin, que xa vou moi maior para que me conten contos...
E porque até Portugal ficará mais isolado na Europa e no mundo...
Outra opinión. Penso máis ben que o feito do abandono de varios países en fervenza, fará que o "dono do rancho" teña máis en conta ós que se queden con él.
Perdeu o "partido dos Açores" e ganhou a paz.
Un pouco pretencioso, sobre todo tendo en conta que a retirada das tropas do Iraque, significaría, ineludiblemente, á chegada ó poder de radicais islámicos, que son de todo menos pacíficos.
A Espanha, habituada há anos a conviver com o terrorismo nunca cedeu a chantagens da ETA, a sua população faz sempre uma vida normal, e os resultados eleitorais em cada momento são resultado e prova da vitalidade democrática dos estados.
O mércores, as enquisas daban unha avantaxe do PP de 5 puntos sobre o PSOE, igual que desde facía meses, o venres houbo un atentado e o domingo o PSOE sacoulle 3 puntos ó PP. Calquera opinión explícase por sí mesma.
E o da "vida normal", pois en fin. Fanse misas polos mortos, homenaxes, concertos a favor dos familiares, nas rúas hai máis policía, o exército desplegouse na fronteira africana e nos puntos estratéxicos do país...
O governo de Aznar alinhou nesta coligação do "partido dos Açores" contra o povo espanhol e contra a comunidade internacional.
Contra o povo espanhol non, porque o votaron case 10 millóns de españois. Contra a comunidade internacional tampouco porque estivo coa maioría na ONU e no Iraque.
Arruinou as suas não escondidas ambições para uma carreira política relevante na Europa, com o apoio dos conservadores.
Pois este columnista xa sabe máis ca min, porque eu non teño nin idea desas aspiracións políticas. De feito dimitíu de tódolos cargos hasta os do seu partido. A ver si aquí, Rui, tamén me podes aclarar algo.
Saúdos a todos, especialmente a Rui, ó que xa lle puxen traballo de máis. Agradezo tódalas súas contestacións ou calquera aclaración de outros foristas.