...para que logo digan que internet non sirve para nada
Graciñas JNSA.
Entón, o método de acción, para o caso que nos propón P44 sería que os mergulladores baixasen a desactiva-las minas desde o Schultz Xavier, tendo en conta cada tipo de mina distinta, claro. Ademáis terían a cámara hiperbárica que se menciona na páxina da marinha para poder estar máis tempo mergullados.
Ben, si esto é así, xa temos resolto o tema da desactivación. Tamén é lóxico o que di referente a que cun barco sempre se podería facer mellor, pero olle que non fai falla desminar toda a barreira de minas, bastaría un pequeno paso polo que os barcos que di P44 poidan sair, polo que os mergulladores tampouco terían que tardar moito tempo.
Non sei se hasta aquí poderemos estar todos dacordo. É dicir, que a efectos de desactivación das minas, a marinha de Portugal ten medios para facelo.
Agora poderíamos falar da detección desas minas, porque tamén no enlace da marinha se menciona que o Gago Coutinho tiña potentes detectores submariños, que se usaban para detectar submariños rusos, pero que penso eu que tamén poderían detectar minas, que ó fin é todo metal e o sónar tamén debería rebotar nelas.
Pero P44 nos di que o Coutinho non sae ó mar, así que ¿Que barco pode face-las funcións de "buscaminas"?É dicir, cal é o que ten equipos para a detección submariña de minas. ¿O Don Carlos I, tal vez? É un buque oceanográfico pero os aparellos que leva quizais poidan servir para as funcións detectoras.
Saúdos...